O Partido Popular en Carballeda de Avia denuncia que, por enésima vez, o concello sufríu cortes de suministro eléctrico esta fin de semana sin que o alcalde reaccione. Sinala o portavoz popular, Lorenzo González, que nin a situación e nova nin é a primeira vez que se lle pide ao rexidor municipal que se interese, siquera, pola situación. Pero di o popular que como Milia “vive na capital ourensá, onde os cortes de luz non son frecuentes, por moi mal tempo que faga”, o alcalde nin os padece nin lle preocupa o tema. Os populares formularon unha iniciativa no Concello de Carballeda de Avia para que a situación se corrixa.
 
 
O PP di que ao alcalde de Carballeda de Avia non lle preocupan os cortes de luz porque vive en Ourense  

11 de MAYO de 2010: OURENSE DIXITAL

O portavoz municipal do Partido Popular no Concello de Carballeda de Avia, Lorenzo González Rodríguez, di recoller “o sentir xeralizado dos veciños e comerciantes do pobo que din estar indignados polos constantes cortes de luz que padece a poboación dende hai meses”, o que fai público ao tempo que afirma que ao alcalde “non lle preocupa solucionar o problema porque vive cómodamente en Ourense”.
Precisamente por iso, sinala Lorenzo González, o Partido Popular de Carballeda de Avia ven de presentar unha iniciativa para que o alcalde solucione o grave problema de abastecemento eléctrico que sofren os veciños do concello. Lorenzo González afirma que, por desgraza, “non é a primeira vez que os veciños temos que facer fronte a estes problemas eléctricos propios do tercermundismo, xa que son moi numerosos, sobre todo cando hai adversas condicións meteorolóxicas”

O último episodio viviuse a noite do sábado 8 de maio, a partires das 00:00 horas e até as 02:00 horas do domingo 9 de maio. No devandito período, segundo o portavoz popular, os cortes eléctricos afectaron de maneira continuada e prolongada ao pobo de Carballeda de Avia.
“Estes cortes non só supoñen unha violación aos dereitos que todos os veciños temos asegurados co pago dos nosos recibos, senón que tamén supón un grave golpe aos nosos petos”, sinala o popular, que alude aos danos que ditos cortes poideran causar, especialmente nos aparellos eléctricos.

Lorenzo González asegura que xa en “numerosas ocasións” lle pedíu ao alcalde de Carballeda que solucione o problema das conexións eléctricas que abastecen ao concello, “pero lamentablemente quedou demostrado que Luis Milia non fixo nada”. Insiste o popular en que eso poidera ter moito que ver co feito de que o alcalde “vive na capital ourensá, onde os cortes de luz non son frecuentes, por moi mal tempo que faga”.

Volver atras
Imprimir Página