Nunha comparecencia “Fórum Europa. Tribuna Galicia” en Santiago, Manuel Baltar advertiu que é preciso “xerar confianza e motivar a unha sociedade que está nos seus índices máis baixos de autoestima”, dixo nunha mensaxe dirixida aos políticos. Os que tamén advertiu de que un político debe estar os 365 días do ano ao servizo dos cidadáns para recibir e ofrecer confianza á xente, “e non só deixarse ver nas campañas electorais para captar votos”. O presidente do PP de Ourense considera “moi necesario” que os políticos “pacten máis e confronten menos”, sin ocultar que esta mensaxe se centra, fundamentalmente, no aspecto económico.
 
 
Mensaxe de Baltar Blanco a Rajoy e Zapatero: “máis pactos e menos confrontación política”.
 
8 de MAYO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O presidente do Partido Popular de Ourense e vicepresidente do Parlamento de Galicia, Manuel Baltar, dixo este venres no “Fórum Europa. Tribuna Galicia” en Santiago, que considera “moi necesario” que os políticos “pacten máis e confronten menos” para dar solucións eficaces aos problemas que demanda a sociedade.
Manuel Baltar defendeu que un tema tan fundamental como o económico “merece un amplo consenso entre todas as forzas políticas, lonxe da busca de réditos electorais, para que nós, as persoas que temos as responsabilidades públicas que nos outorgaron os cidadáns, demos resposta ás demandas sociais e aos graves problemas de crise económica que padecen cidadáns e empresas”.

O presidente do PP de Ourense dixo que é preciso “humanizar a política”, porque é a mellor maneira de “xerar confianza e motivar a unha sociedade que está nos seus índices máis baixos de autoestima”, e engadíu que un político debe estar os 365 días do ano ao servizo dos cidadáns para recibir e ofrecer confianza á xente, e non só deixarse ver nas campañas electorais para captar votos”.
Baltar considera que os tempos actuais “esíxennos decisións inmediatas, políticos de garda as vintecatro horas, actividade permanente, xestión racional dos recursos, modernización e desenvolvemento”, advertindo de que “só así recuperaremos  o creto e poderemos transmitirlle ilusión aos cidadáns”.

Baltar subliñou que a política “non é exclusiva dos militantes ou afiliados das formacións políticas, e de que a sociedade non debe ter as portas pechadas cun argumento como o da non afiliación. O presidente do PP de Ourense engadiu que debe valorarse “na súa xusta medida” a apertura dos proxectos políticos atraendo a personas que non son políticos profesionais, pedíndolles actuar en beneficio de todos os habitantes sen esixirlles afiliación. “A escena municipal, a un ano dos comicios, permite perfectamente esa consideración dos independentes e pode chegar a reclamala”, dixo.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página