Está aberto o prazo de inscripción no ciclo de seminarios que organiza a Fundación Galicia Emigración co apoio do BIC Galicia para a creación e posta en marcha de empresas para inmigrantes e retornados. Este seminario dara comezo o día primeiro de xuño na Coruña, e é totalmente gratuito. Nel analizarase, por exemplo, como detectar as oportunidades de negocio e como converter un proxecto nunha empresa. Explica a Fundación Galicia Emigración que esta actividade se organiza con colaboración co BIC Galicia, “coa fin de crear emprego pola vía da creación e o mantemento sostido de novas empresas”.
 
 
Un seminario analizará como crear e poñer en marcha empresas para inmigrantes e retornados
7 de MAYO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A Fundación Galicia Emigración ten aberto o prazo de inscrición no ciclo de seminarios sobre Creación de novos proxectos de empresas, destinado a inmigrantes residentes en Galicia e emigrantes retornados. Trátase dunha iniciativa que se desenvolve en colaboración con BIC Galicia , o Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia.
O curso organízase en colaboración co BIC Galicia “posto que o seu obxectivo é crear emprego a través da constitución e o mantemento sostido de novas empresas, postas en marcha por inmigrantes e emigrantes retornados con algún interese en emprender unha actividade empresarial”, sinálase ao respecto.

No curso, de 35 horas de duración, ademais de asesoramento para os proxectos, os axentes especializados analizarán como detectar as oportunidades de negocio e como converter un posible proxecto nunha empresa. Deste xeito, o seminario será de grande axuda para aqueles emprendedores que teñan unha idea de negocio desenvolvida con anterioridade e posúan o seu esbozo cuantitativo.
Entre os obxectivos do curso, totalmente de balde, analizarase e planificarase o futuro negocio do emprendedor o que supón a elaboración dun plan de negocio e contrastar a viabilidade económica financeira do proxecto empresarial.

Co apoio destas iniciativas emprendedoras a Fundación Galicia Emigración sinala que busca mellorar o perfil do emprendedor, desde a súa polivalencia e empregabilidade ata a súa posterior integración no mercado laboral galego, polo que apoia a creación e posta en marcha de empresas nas zonas xeográficas onde se desenvolvan estes seminarios.
A data límite de inscrición será o xoves, 20 de maio. O curso celebrarase en horario de tarde no Centro Social Caixanova da Coruña entre o 1 de xuño e o 1 de xullo.

Os interesados no curso deben dirixirse á Fundación Galicia Emigración da Rúa do Vilar, 15. de Santiago de Compostela, solicitar información no teléfono 0034 981 554463, ou ben na web da Fundación Galicia Emigración.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página