“En 2010 investiranse 60.000 euros no Pórtico do Paraíso para estudios previos e obras de maior urxencia, 30.000 euros para a adecuación das dependencias do Museo e Arquivo e unha cantidade aínda pendente de estudio para paliar a entrada de humidades nunha das pilastras da nave”, sinalu este luns o conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Roberto Varela, ao visita a Catedral de San Martiño en Ourense. O conselleiro anunciou que a Xunta de Galicia traballa co obxectivo de investir 1.500.000 euros no cuatrienio que vai ata 2013 na restauración do conxunto da Catedral de Ourense, actuación que, dixo Varela, se inscribe dentro do Plan de Catedrais do Executivo galego.
 
 
Cultura e Turismo da Xunta compromete 90.000 euros este ano en obras na Catedral de Ourense
 
4 de MAYO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, visitou este lunes a Catedral de San Martiño en Ourense para comprobar o estado do ben patrimonial. O conselleiro de Cultura, acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, explicou que “en 2010 investiranse 60.000 euros no Pórtico do Paraíso para estudios previos e obras de maior urxencia, 30.000 euros para a adecuación das dependencias do Museo e Arquivo e unha cantidade aínda pendente de estudio para paliar a entrada de humidades nunha das pilastras da nave. Asemade, a curto prazo, está previsto acondicionar e mellorar a Sancristía e restaurar a Capela de San Xoán”.

Do mesmo xeito, o conselleiro de Cultura e Turismo anunciou que a Xunta de Galicia traballa co obxectivo de investir 1.500.000 euros no cuatrienio que vai ata 2013 na restauración do conxunto da Catedral de Ourense. A restauración da Catedral de Ourense comezará no momento no que estarán rematados os estudios necesarios, que comezarán neste 2010 cunha duración estimada de entre 6 e 12 meses. Tras a execución dos estudos poderá fixarse un plan de accións e orzamentos concreto.

Roberto Varela afirmou que “ésta actuación inscríbese dentro do Plan de Catedrais”, que constitúe unha prioridade para a Consellería de Cultura e Turismo e que ten a intervención na Catedral de San Martiño de Ourense como un obxectivo primordial., sinalou o conselleiro. Non obstante, esta cifra está exposta á dispoñibilidade orzamentaria e conta coa posibilidade de cofinanciamento por parte doutras administracións”.
A través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, tamén contémplanse accións no Pórtico do Paraíso, un dos máis senlleiros exemplos de grupos escultóricos medievais de Galicia (século XIII), inspirado no Pórtico da Gloria de Santiago. Como tal pórtico, é un espazo de transición de singular beleza entre o exterior e o interior da catedral na súa fachada principal. Aparte do grupo escultórico policromado posúe pinturas murais nos laterais das torres.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página