Os maios de a Asociación Xuvenil Os Galos e da Facultade de Ciencias da Educación foron designados como os mellores nos apartados de Artísticos e Enxebres, respectiamente, polo xurado da Festa dos Maios deste ano, segundo comunicou este luns o Concello de Ourense. A Concellería de Cultura valora positivamente o desenvolvemento desta festa, na que participaron este ano 20 maios e pola que pasaron miles de persoas ao longo de todo o domingo. O feito de que a Festa se encadrase tamén no Proxecto Oralidades, axudou a enriquecer a celebración deste 2010.
 
Noticias Relacionadas
  Los maios trajeron el esplendor del rural en primavera a un pedazo del Ourense más urbanita
 
 
Os maios de Os Galos e da Facultade de Ciencias da Educación, os mellores deste 2010 segundo o xurado
 
3 de MAYO de 2010: OURENSE DIXITAL

O Maio da Asociación Xuvenil Os Galos foi o mellor dos Artísticos a criterio do xurado, mentas que o da Facultade de Ciencias da Educación gañou no apartado de Maios Enxebres. Polo que
O xurado integraron nesta ocasión o historiador Enrique Bande, Cristina de Padua, Xosé Sierra e Susana Álvarez.

A Concellería de Cultura valora como un éxito de participación e asistencia de público a Festa deste domingo pasado, xa que no relativo a participación concurriron ese ano 20 maios mentras que se calcula que foron miles de persoas as que se dero cita no treito da rúa Paseo entre Concordia e os Xardinillos do Padre Feijóo, donde se ubicaron este ano os Maios.
Xogos populares, música en directo durante todo o día e o Festvialde Música Tradicional encadrado no Proxecto Oralidades con grupos de Portugal, Bulgaria e Castro Floxo, completaron nesta edición un programa cultural máis amplo que nas precedentes, ademáis de poder contar a Concellería de Cultura coa presenza dos maios de Campañó de Pontevedra e de Villafranca do Bierzo.


Volver atras
Imprimir Página