O BNG sigue a facer sonar as alarmas da sanidade. Neste caso denuncia as deputadas nacionalistas Tereixa Paz e Isabel Sánchez un intento “as agachadas” de suprimir servizos das áreas de O Barco de Valdeorras, Verín, Ourense e Monforte de Lemos, “como primeiro chanzo cara a área única provincial que anhela o PP”, din as deputadas nacionalistas. Denunciase que o SERGAS tenta, por exemplo, centralizar as gardas en Ourense, de tal que xeito que cando unha persoa de Valdeorras precise dunha proba diganóstica deste tipo fóra da xornada ordinaria, ben se derivará a Ourense no caso das ecografías, ben, no caso dos TAC, se realizará no centro, mais a avaliación por parte dos facultativos se realizará a distancia
 
 
O BNG denuncia que a Xunta tenta “as agachadas” suprimir servizos sanitarios en Ourense e Monforte
 
3 de MAYO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O grupo parlamentario do BNG, a través das súas deputadas Tereixa Paz e Isabel Sánchez, interpelará ao Goberno para que “se clarifique se a supresión do servizo de radioloxía nas áreas sanitarias do Barco, Verín, Monforte e Ourense son unha actuación limitada ou o primeiro chanzo para adoptar medidas semellantes noutros servizos e especialidades”.
Neste sentido, as deputadas xa rexistraron unha batería de iniciativas parlamentares perante as últimas noticias coñecidas, segundo as cales se están a producir diferentes reunións cos facultativos especialistas en radioloxía destas áreas para comunicarlles a intención do Goberno de implantar antes do verán un novo modelo de funcionamento: a teleradioloxía.

Para as parlamentarias nacionalistas, “este sistema suporá un grave deterioro no servizo que actualmente recibe a poboación”, pois sinalan que centralizará as gardas en Ourense, de tal que xeito que, por exemplo, cando unha persoa de Valdeorras precise dunha proba diganóstica deste tipo fóra da xornada ordinaria, ben se derivará a Ourense no caso das ecografías, ben, no caso dos TAC, se realizará no centro, mais a avaliación por parte dos facultativos se realizará a distancia.
Asemade, preténdese que sexan os médicos de urxencias ou mesmo o persoal técnico dos servizos de radioloxía os que realicen as ecografías, no canto de facelo os especialistas, o que vai supor que máis unha vez, a poboación de áreas periféricas como Valdeorras, Terras de Trives, Viana, etc vexa diminuida a calidade da súa asistencia sanitaria e pasarán a ser “cidadáns de segunda”.

As deputadas nacionalistas, aparte de denunciar esta iniciativa polo que vai supor de deterioro da Sanidade, advirten de que se están realizando todas as xestións “ás agachadas”, para implantar o novo modelo ás presas e evitar así a mobilización cidadán “que a bo seguro se produciría se tivera a mesma publicidade que as medidas estrela do goberno”, ironizaron.
“Trátase en último termo de camiñar cara á desaparición das áreas sanitarias comarcais e cara á posta en marcha dunha  Área de Saúde Provincial pola que aposta o Partido Popular, sobre a que nunca quixeron aclarar as súas verdadeiras intencións aínda que cada día queda máis patente coas súas actuacións”, sinalan as deputadas nacionalistas.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página