Tralo a visita e o anuncio do mércores de Rogelio Martínez, o paralamentario do PSdeG-PSOE, Pablo López Vidal,  esixíulle este xoves ao Conselleiro de Presidencia “que explique a falta de  respecto institucional amosada polo delegado da Xunta en Ourense  cando na súa visita oficial a colocar o cartel desta obra non avisa a máxima autoridade do concello, o alcalde socialista de Vilardevós por onde transcorre dita estrada”. Reclamou tamén López Vidal que a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas explique “porqué reducíu nun 32% o investimento inicial aprobado polo Goberno Socialista” para esta carretera.
 
Noticias Relacionadas
  El ensanchado de la carretera de Vilardevós precisa dotar a las cunetas de la función de arcenes
 
 
O PSOE acusa a Xunta de facer as obras da Verín-Soutochao co orzamento reducido nun 32%
10 de ABRIL de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O parlamentario socialista Pablo López Vidal presentou unha serie de preguntas ante a Mesa do Parlamento referidas as obras de acondicionamento da estrada OU 310 Verín - Soutochao. Reclama así que a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas explique porqué reducíu nun 32% o investimento inicial aprobado polo Goberno Socialista.
O parlamentario socialista esíxelle a Consellería de Infraestruturas que explique cal é o motivo polo cal o acondicionamento da estrada OU- 310 Verín- Soutochao, que transcorre polo concello de Vilardevós, e que o anterior Goberno Bipartito deixou orzamentada en preto de 2,5 millóns de euros, agora fose licitada e a adxudicada polo Goberno Popular en 1,4 millóns de Euros.

Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
Pablo López Vidal

Neste sentido o deputado sinalou que “O departamento de Obra Pública vai ter que dar conta a que se debe esta diminución de investimento si variou e modificou o proxecto orixinal e porqué de deixa de investir un 32% menos do inicialmente previsto”
 López Vidal  apuntou que “ non vaia ser que a razón sexa tamén o habitual sectarismo do partido popular que castiga os concellos gobernados por socialistas a trave´s dos orzamentos públicos.

Así mesmo, López Vidal  denunciou a falta de respecto institucional amosada polo delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez  na súa visita oficial a colocar o cartel desta obra, que aínda non está empezada, recalcou socialista, e non avisar a máxima autoridade do Concello,neste caso o alcalde socialista de Vilardevós”
 O deputado ourensá acusou o Rogelio Martínez de carecer do mais mínimo respecto institucional e incumprir calquera código e de educación  o non avisar o alcalde de Vilardevós. Neste senso López Vidal preguntoulle ao Conselleiro de Presidencia si esta é unha práctica habitual do seu Delegado,  que cando visita un concello gobernado polo PSOE, porqué así o decidiron os veciños, recalcou o deputado, ten por costume montar unha parafernalia mediática e prescindir da compañía da primeira autoridade do concello”

 
Volver atras
Imprimir Página