Máis de 28.000 esquiadores, milleiros de visitantes e uns resultados económicos que encamiñan a MEISA cara ao déficit cero, é o balance da tempada de inverno 2009-2010 que este xoves presentou o presidente de MEISA, Luis Gurriarán, no Centro Cultural da Deputación de Ourense. O complexo de montaña de Manzaneda camiña para o déficit cero, explicou o seu presidente, que confía en que no 2010 xa non esté lonxe. Os datos da recente tempada confirma a recuperación do Complexo, aínda que Gurriarán explicou que os días de apertura foron menos que os doutros anos.
 
Noticias Relacionadas
  La Xunta inyecta de urgencia 185.000 euros a MEISA para la Estación de Manzaneda
 
 
Control do gasto, marketing e profesionalización siguen a paliar o déficit de Cabeza de Manzaneda
 
30 de ABRIL de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O control do gasto, as campañas de comercialización que están dando froitos, e a profesionalización da empresa son os pilares da progresión que sigue a experimentar MEISA e o Complexo de Montaña de Cabeza de Manzaneda, segundo este xoves explicou o seu presidente, Luis Gurriarán. Todo esto tradúcese en máis de 28.000 esquiadores, milleiros de visitantes e uns resultados económicos que encamiñan a MEISA cara ao déficit cero, segundo destacou Luis Gurriarán.

A pesares de que os días nos que a estación de montaña estivo aberta este inverno, un total de 90, foron menos que os doutros anos, isto non se viu refrexado na asistencia de esquiadores e visitantes, que só descendeu un 7%. Feito que se debe ás numerosas actividades que se organizaron durante esta tempada como os campionatos galegos de esquí e de snowboard e os máis de 60 cursiños realizados para aprendizaxe do esquí, sinalou o presidente de MEISA.
Tamén favoreceu a atracción de visitantes o feito de que se abriran novas pistas, co cal Manzaneda incrementou un 24% a súa oferta de pistas, pasando de 11 a 14,5 quilómetros de pistas esquiables.

A tempada de inverno que ven de rematar comezou en decembro cunha xornada de portas abertas na que participaron unhas 1.000 persoas. E agora, co comezo da tempada primavera-verán, Manzaneda pon en marcha un amplo programa de actividades que vai dende a realización de eventos deportivos, a organización de festivais musicais, excursións para escolares, cursos de inglés e rutas de sendeirismo, entre outros eventos.
Neste senso, Luis Gurriarán anunciou que se está a organizar o Concurso Ibérico de Bandas de Gaitas, que terá lugar este verán, o cal prevese ampliar os vindeiros anos a outros países europeos que contan con tradición no mundo da gaita.
Polo de agora, as perspectivas para a tempada que agora comeza en Manzaneda non poden ser mellores segundo o directivo: “Temos xa reservadas 16.000 camas e iso vai contribuír como sempre a potenciar e dinamizar toda a comarca, porque el proxecto de MEISA vai máis aló dunha oferta puramente deportiva e de ocio; a nosa idea en contribuír a potenciar o aspecto social e turístico de toda a comarca, e niso vimos traballando polo ben de todos”, explicou Luis Gurriarán.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página