O Concello de Ourense completa os comprimisos acadados no seu día cos centros cívicos de A Ponte, O Ceboliño e Seixalbo, adxudicando agora a Xunta de Goberno Local as obras de construcción de este último centro cívico. Ao igual que noutros casos, a empresa que se leva esta obra aínda mellorou as condicións marcadas polo Concello con unha achega adicional de 30.000 euros. As obras para rehabilitar un edificio de 400 metros cadrados darán emprego a 22 traballadores.
 
 
Adxudicadas agora as obras do Centro Cívico de Seixalbo en casi 277.000 euros
28 de ABRIL de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou en xuntanza celebrada adxudicar provisionalmente as obras de rehabilitación dun edificio en Seixalbo que será acondicionado como centro cívico e social ó servicio dos veciños desta localidade ourensá. Esta actuación suporá un investimento de 276.888,07 euros con cargo ó Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local.
As obras adxudicáronse á empresa Construcciones Riotorto, S.L., que presentou a oferta mellor valorada por parte da mesa de contratación do concurso convocado polo Concello para adxudicar estes traballos, ao que se presentaron propostas un total de 12 empresas. A firma adxudicataria ofertou realizar melloras adicionais valoradas en 30.117,66 euros, e as obras darán emprego a un total de 22 traballadores.

A intervención consistirá na rehabilitación dun edificio coa finalidade de convertelo no novo punto de encontro para tódolos veciños da zona, un espacio aberto á cidadanía ao que poderán acudir maiores, mozos e nenos.
O edificio ten una superficie de 400 metros cuadrados que se distribuirán de xeito que os cidadáns podan desenvolver obradoiros, cursos, charlas ou conferencias, facer uso da rede informática, ler e disfrutar do tempo de lecer, contando tamén cun espacio para os nenos. 

Este novo equipamento forma parte da Rede de Centros Cívicos que o Concello está a poñer en marcha nos diferentes barrios da cidade, comezando co da rúa Colón-Casco Vello, que entrou en servicio o pasado mes de outubro, e ó que nos próximos meses uniranse os de A Cuña, actualmente en fase de construcción, e os que se porán en marcha tamén este ano nos barrios de A Ponte, ubicado na rúa Eulogio Gómez Franqueira, O Pino e Ceboliño.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página