A Xunta de Galicia, a través da Secretaria Xeral de Emigración, e a Hermanda Gallega de Valencia en Venezuela, firmaron un convenio de colaboración polo que a Xunta comprométese a prestarlles asistencia social aos emigrantes galegos sen recursos no seu Centro de Día, a trasladalos dende o seu domicilio ata estas instalacións, e a prestarlles asistencia médica urxente nos casos en que fose necesario. A firma do compromiso prodúcese no marco dunha serie de visitas que fan estes días a Venezuela o conselleiro de Presidencia da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario de Emigración, Santiago Camba.
 
 
Alfonso Rueda e Santiago Camba reúnense estes días coa colectividade galega en Venezuela
 
26 de ABRIL de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, continuaron este domingo a súa visita a Venezuela cun desprazamento á cidade de Valencia, onde visitaron as instalacións da Hermandad Gallega da localidade e mantiveron un encontro coa colectividade galega que alí reside.
Con esta visita a unha localidade lonxe da capital do país, Rueda e Camba quixeron deixar patente o interese da Xunta por coñecer as preocupacións dos galegos alí onde se atopen e destacaron as medidas de apoio á diáspora que o Goberno galego ten postas en marcha, que no caso dos galegos de Venezuela precisamente se teñen reforzado estes días a través de sinaturas de convenios de colaboración. 

Precisamente, o secretario xeral de Emigración aproveitou o desprazamento a Valencia para asinar un convenio co presidente da Hermandad Gallega da localidade, Francisco Rey, de tal xeito que a Xunta contribuirá a mellorar a atención de necesidades sociosanitarias básicas dos emigrantes galegos e os seus descendentes residentes en Venezuela.
O convenio, ao que a Xunta destinará 20.000 euros, permitirá garantir a cobertura das necesidades básicas socioasistenciais dos emigrantes galegos de Valencia e as súas zonas limítrofes que se atopen en situación de risco social. Nese sentido, hai que recordar que Venezuela foi un dos países que máis emigrantes galegos recibiu, e hoxe conta cunha importantísima colonia de galegos e descendentes, que en moitos casos están a sufrir un deterioro do nivel de vida debido ás adversas condicións socioeconómicas nas que viven, sendo de especial gravidade a falla real e operativa de mecanismos integrais de cobertura social e sanitaria.

Mediante este convenio, a Hermandad Gallega comprométese a prestarlles asistencia social aos emigrantes galegos sen recursos no seu Centro de Día, a trasladalos dende o seu domicilio ata estas instalacións e a prestarlles asistencia médica urxente nos casos en que fose necesario.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página