Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Isabel Pérez

 
  A Festa dos Maios deste ano virá cargada de novidades, segundo o adiantado pola concelleira de Cultura, Isabel Pérez. Ademais de concidir co Proxecto “Oralidades” na capital ourensá, o departamento de Isabel Pérez incrementou os pemios buscando tamén máis participación, cousa que xa se acadou, e implementouse un aspecto ata o de agora inédito na Festa: unha persoa que está ao dispor de quen queira participar, para axudarlle na técnica precisa para facelo, “porque sabemos que hai grupos que non participan por non coñeceren a técnica de construcción”, sinalou a concelleira de Cultura
 
 
A Festa dos Maios xa conta con 17 grupos nunha edición cargada de novidades
 
20 de ABRIL de 2010: OURENSE DIXITAL
   

Ourense acollerá este vindeiro 2 de maio a Festa dos Maios, que xunto coa dos Magostos é unha das dúas festas da cidade que están declaradas “de interese turístico”, recordou este lunes a concelleira de Cultura, Isabel Pérez, ao presentar o programa da celebración deste ano así como algunhas novedades que presenta esta edición.
Unha delas é, precisamente, que ao perteñecer Ourense ao Proxecto Europeo “Oralidades”, haberá este ano actuacións de grupos de Portugal e Bulgaría, ademais de Ourense, no Auditorio desta cidade a partires das cinco da tarde.
Tamén se celebra este ano a III Exposición Fotográfica “Maios na memoria”.

A concelleira de Cultura mostrouse satisfeita de que a día 19 de abril xa haxa 17 maios inscritos na Festa, que xa son máis dos que participaron o ano pasado e aínda queda tempo por diante para inscribirse máis.
Subliñou Isabel Pérez que o cartel da Festa reproduce este ano unha copla e unha dos Maios de 1935, que foi o primeiro ano no que participaron uns dos barrios máis asiduos da cidade nesta celebración, o de Rabo de Galo.
Nesta edición incorpóranse premios en metálico para os mellores maios enxebre e artístico, así como para as mellores coplas.

Outra novidade desta edición é que, desde a propia Concellaría de Cultural, ofrécese unha persoa para axudar na elaboración dos Maios, “porque sabemos que hai grupos que non participan por non coñeceren a técnica de construcción”, sinalou a concelleira de Cultura.
A actividade este primeiro domingo do mes de maio da comenzo ás 11 da mañá coa chegada dos maios aos arredores dos Xardinillos do Padre Feijóo e a Rúa do Paseo.

 

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página