Vén de abrirse o prazo de convocatoria para a solicitude de axudas extraordinarias non periódicas a favor dos emigrantes galegos retornados e dos seus familiares. As achegas económicas teñen por obxecto facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do retorno á Comunidade Autónoma, sinala a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta. O prazo rematará o 30 de setembro de 2010, e habilítase unha partida económica de 210.000 euros.
 
 
Aberto o prazo para solicitar axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados  
20 de ABRIL de 2010: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Emigración, vén de abrir o prazo de convocatoria para a solicitude de axudas extraordinarias non periódicas a favor dos emigrantes galegos retornados e dos seus familiares.
Estas achegas económicas “teñen por obxecto facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do retorno á Comunidade Autónoma”, aclara o Gabinete de Comunicación da Xunta de Galcia.
Para estas subvencións habilítase unha partida económica de 210.000 euros, segundo informa a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta. O prazo de presentación de solicitudes comezou a correr este 19 de abril coa publicación no Diario Oficial de Galicia da convocatoria, e rematará o 30 de setembro deste ano.

As axudas que veñen de ser convocadas fundaméntanse en feitos de urxente atención, axudas con carácter meramente paliativo, e destínanse a facer fronte a aquelas causas sobrevidas derivadas do retorno que, polas súas circunstancias, requiren dunha atención especial na obtención de recursos polos afectados, “de tal xeito que alcancen a complementar ou aliviar a carencia de recursos”, sinálasa dende a Secretaria Xeral de Emigración que dirixe Santiago Camba.

Volver atras
Imprimir Página
 
  Santiago Cambia, secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia