Como secretaria de Igualdade do PSdeG-PSOE, Laura Seara ven de reclamar ao Executivo de Feijóo que poña en marcha medidas correctoras para correxir a fenda salarial entre homes e mulleres. Un dato: “Para igualar os salarios, as mulleres teñen que traballar 52 días máis ao ano, case dous meses”, sinalou Seara Sobrado. Para a secretaria de Igualdade dos socialistas galegos, a situación que está a darse “constitúe unha intolerable forma de discriminación, xa que ter un salario máis baixo significa dispoñer dunha pensión máis baixa”. Entre outras medidas, a socialista plantexa ao Goberno da Xunta máis control para evitar o incumplimento das normas.
 
 
Seara pide a Feijóo activar mecanismos para correxir a fenda salarial entre homes e mulleres
 
19 de ABRIL de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A secretaria de Igualdade do PSdeG, Laura Seara, reclamou este domingo que as fendas salariais entre homes e mulleres “deben estar na axenda do Goberno de Feijoo”.
Seara Sobrado incidiu en que a desigualdade salarial entre mulleres e homes, coñecida como fenda salarial, alude á distancia na retribución media (salario máis complementos) de mulleres e homes.
“Para igualar os salarios, as mulleres teñen que traballar 52 días máis ao ano, case dous meses. Si con estas cifras facemos cálculos en ciclos máis longos, serían necesarios 8 anos para gañar o mesmo que os homes en 7”, puntualiza Laura Seara. A secretaria de Igualdade e directora do Instituto de la Mujer denuncia que a realidade da fenda salarial “constitúe unha intolerable forma de discriminación, xa que ter un salario máis baixo significa dispoñer dunha pensión máis baixa”.

Aludiu  ademais Laura Seara a reducción do risco de pobreza das mulleres, que no estrato de de máis de 65 años é de 21%, mentres que o dos varóns da mesma idade é de 16%. Advirte que a fenda salarial en España descendeu do 27,5% en 2004 ao 25,5% en 2007. Neste punto Galicia situase lixeiramente por riba da media estatal, segundo os datos manexados pola secretaria de Igualdade do PSdeG-PSOE.
Os diferenciais máis acentuados detéctanse especialmente nos postos directivos (34%) e nos sectores da industria alimentaria, bebidas y tabaco.
A secretaria de Igualdade argumenta que o Goberno de Feijoo debe saber que existe unha clara relación entre a porcentaxe de mulleres que traballan e o nivel de riqueza dun país. E nese senso proclamou que un país que aspire a ser competitivo no futuro, como Galicia, non pode permitirse prescindir do talento da metade da súa poboación, que son as mulleres. “A igualdade é condición necesaria para acadar a eficiencia económica afirma e os países máis productivos son os máis igualitarios”, afirma Seara.

A dirixente socialista reclama establecer mecanismos de control para evitar incumprimentos das normas, o que xa está a ocurrir co Goberno de Zapatero, dixo. Ademais sinalou que estas inspeccións reforzáronse con protocolos asinados entre o Ministerio de Igualdade e Traballo e Inmigración, de xeito que en 2008 realizáronse 4.028 inspeccións cando estaban previstas inicialmente 3.000, e en 2009  incrementáronse ata chegar ao numero de a 6.000.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página