Entre un total de 35 propostas, os técnicos decidiron que a de TUCONSA é a máis ventaxosa para o Concello á hora de construir o Centro Cívico do barrio de a Ponte. A Xunta de Goberno aduxidicou as obras a esta empresa, que suporán un investimento de casi 800.000 euros con cargo Fondo Estatal para o Emprego do Estado. A empresa aporta unha mellora de algo máis de 86.000 euros ás obras previstas. O centro ubicarase na rúa Eulogio Gómez Franqueira, nº 43, nunha parcela de 1.000 m2 de superficie.
 
Noticias Relacionadas
  El Concello de Ourense anuncia tres nuevos centros sociales en A Ponte, O Pino y Ceboliño
 
 
O Concello adxudica a TUCONSA a construcción do Centro Cívico do barrio de A Ponte
17 de ABRIL de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O Concello de Ourense aprobou este venres, nunha xuntanza extra da Xunta de Goberno Local, adxudicar provisionalmente as obras de construcción do Centro Cívico e Social no barrio de A Ponte, a empresa Técnicos Unidos para la Construcción, S.A., TUCONSA. As obras suporán un investimento de 795.615 euros con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade. TUCONSA presentou a oferta mellor valorada por parte da mesa de contratación do concurso convocado polo Concello para adxudicar estes traballos, aos que presentaron propostas un total de 35 firmas.
A adxudicataria ofertou realizar melloras valoradas en 86.239,69 euros e as obras darán emprego a un total de 27 traballadores.

O proxecto ten como finalidade poñer a disposición dos veciños de A Ponte un recinto digno e axeitadamente preparado para a convivencia que configure o punto de encontro do barrio coa cultura e o lecer. O edificio constituirá un lugar de referencia na cotidianeidade do barrio á vez que centrará os servicios socio-culturais, e ubicarase na rúa Eulogio Gómez Franqueira, nº 43, nunha parcela de 1.000 m2 de superficie.
O Centro Social de A Ponte disporá dun total de 1.200 m2 construidos, con sala de reunións, sala de usos múltiples, sala para nenos de entre 4 e 12 anos, sala xuvenil de música e video, sala de lectura, con flexibilidade para convertela en salón de baile, área administrativa, dependencias para traballadores sociais e área de recepción con zona de espera.

Este novo equipamento de benestar social formará parte da Rede de Centros Cívicos que o Concello está a poñer en marcha nos diferentes barrios da cidade, comezando co da rúa Colón-Casco Vello, que entrou en servicio o pasado mes de outubro, e ó que nos próximos meses uniranse os de A Cuña, actualmente en fase de construcción, e os que se porán en marcha tamén este ano en O  Pino, Ceboliño e Seixalbo.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página