Xa se adiantou no seu día a intención tanto de dotar ao Tinteiro dun servizo de autobús, como de ampliar a sábados, domingo e festivos a cobertura de A Milagrosa. Agora, na sesión deste xoves da Xunta de Goberno Local do Concello, materializáronse ditos anuncios, que se establecen “de inmediato”, aínda que sin data exacta de posta en servizo.
 
Noticias Relacionadas
  Adxudicadas as melloras integrais das ribeiras do Loña entre A Ponte deste río e Mende
 
 
Mobilidade do Concello porá en marcha unha nova  liña de autobuses ao Tinteiro
16 de ABRIL de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A proposta da Concellería de Mobilidade de Manuel Herminio Iglesias, a Xunta de Goberno do Concello de Ourense deste xoves aprobou a creación da futura liña de autobus urbán que conecte a zona termal da fonte do Tinteiro coa Residencia.
A futura nova liña, que levará o número 26, será de funcionamento diario e conectará estes dous puntos da cidade cun percorrido pola zona centro, o parque da Ponte e o Ribeiriño. Incrementará o servizo de Urbanos de Ourense en 6.672 horas ao ano e algo máis de 55.000 quilómetros.

Aos que compre engadir outros 16.400 quilómetros e algo máis de 2.000 horas que aporta ao conxunto do servizo as ampliacións tamén aprobadas este xoves para a liña 18, a Milagrosa-Residencia.
Esta liña funcionará a partir de agora os sábados, domingos e festivos. A entrada en servizo da ampliación fíxase para as “vindeiras semanas”, sin máis concreción aínda. A frecuencia das viaxes deste servizo será cada hora, entre as sete da mañá e as dez da noite.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página