Algo máis dun quilómetro de paseo peonil fluvial quere recuperar a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense, con un proxecto de restauración paisaxística e medioambiental das marxes do río Loña que a Xunta de Goberno Local adxudicou este xoves. A empresa que resultou gañadora do concurso aínda mellorou a oferta con extras por valor de 90.000 euros. Trátase dunha actuación polas ambas as beiras do río dende A Ponte Loña a Mende. A Xunta de Goberno do Concello tamén aprobou unha nova liña de autobús urbano, a 26 que irá de O Tinteiro á Residencia, ao tempo que a de A Milagrosa pasará a funcionar moi pronto sábados, domingos e festivos.
 
Noticias Relacionadas
  Mobilidade do Concello porá en marcha unha nova  liña de autobuses ao Tinteiro
 
 
 
Adxudicadas as melloras integrais das ribeiras do Loña entre A Ponte deste río e Mende
16 de ABRIL de 2010: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa sesión deste xoves adxudicar as obras de restauración paisaxística e medioambiental do contorno das marxes do río Loña, no treito comprendido entre Ponte Loña e Mende.
As obras serán financiadas con cargo ó Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local, suporán un investimento total de 343.941 euros, e darán emprego a un total de 20 traballadores.
Foron adxudicadas empresa Xestión Ambiental de Contratas, S.L., que presentou a oferta mellor valorada por parte da mesa de contratación do concurso convocado polo Concello para adxudicar estes traballos, ao que se presentaron propostas un total de 32 empresas.
Según informa o Concello de Ourense, esta empresa ofertou melloras valoradas en 90.000 euros.

O proxecto ten como principal obxetivo acometer a posta en valor das marxes do río Loña, desenvolvendo actuacións de protección, restauración paisaxística e medioambiental e o seu acondicionamento para o uso e desfrute por parte dos cidadáns. A superficie de intervención abarca as dúas marxes do río, en tramos alternos, dende Ponte Loña ata Mende, percorrendo un total de 1.168 metros de cauce fluvial ata enlazar co camiño xa existente na actualidade nas inmediacións do colexio de Mende.
A actuación principal será o acondicionamento do entorno natural do treito, mediante a recuperación dun camiño peonil situado xunto ó río, establecendo unhas condicións axeitadas para permitir o desfrute do entorno fluvial por parte dos veciños, ó tempo que mellorar a calidade  ambiental do treito e protexer paraxes de riqueza ecolóxica na ribeira do río.

Así, o proxecto deseñado pola Concellería de Medio Ambiente ten como obxectivos restaurar as marxes do río en treitos que actualmente se atopan degradados, recuperar bosques de ribeira e vexetación hidrófila, favorecer os corredores ecolóxicos e achegar á poboación ó río fomentando o coñecemento do ecosistema fluvial.
Con estas finalidades, o proxecto define actuacións de limpeza e acondicionamento das marxes, acondicionamento e recuperación do camino peonil, a instalación de pasarelas peonís sobre o río, intervención de mellora ambiental e instalación de mobiliario acorde co entorno fluvial.

Volver atras
Imprimir Página