Abre ao deporte ourensán, de novo, o Polideportivo de Oira, unha vez completados os traballos de mellora das súas instalaciones que se veñen de levar a cabo. Melloran os servizos, tanto para os deportistas como para o público, e inclúense tamén melloras en materia de aproveitamento enerxético. E mellora, e moito, tanto o aspecto externo como interno do Polideportivo, que se volve como máis alegre ao contar con máis luz unha vez que variou a ubicación e disposición das fiestras. Todo esto custou algo máis de 400.000 euros, dos que casi 361.000 os puxo o Estado a través do FEIL, e os 48.000 restantes son fondos propios do Concello de Ourense.
 
Noticias Relacionadas
  Varela subliña a necesidade de buscar o equilibro entre deporte federado e "como actividade física en sí"
 
 
Abre un novo Polideportivo de Oira moi distinto ao de antes, máis moderno e funcional agora
 
14 de ABRIL de 2010: OURENSE DIXITAL

Máis luminosidad, o que depara unha sensación de alegría ao recinto, maior funcionalidade e unha instalación adaptada a realidade actual, son as premeiras sensacións que transmite o Polideportivo de Oira unha vez remodelado. A remodelación deste recinto foi inaugurada este martes polo concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Fernando Varela.
O departamento de Varela Parada considera que “as motivacións que no seu nos puxeron a traballar para a completa rehabilitación deste recinto deportivo, pensamos que están acadadas”.
Os traballos supuxeron un investimento de 409.285 euros, dos cales 360.970 os aportou o Estado a través do FEIL, Fondo Estatal de Inversión Local, e os 48.315 o Concello de Ourense con fondos propios.

Con esta obra consíguese solucionar o funcionamento do edificio en xeral, permitindo aos distintos usuarios aproveitar as instalacións ao máximo, ben sexan deportistas, público ou os responsables do manteñemento do recinto, “logrando segregar por usos o funcionamento do edificio”, destaca o departamento de Fernando Varela.
As instalaciones contan agora con accesos adaptados a minusvalidos independentes dos do público en xeral que arrancan na mesma zona do aparcadoiro, así como “aseos dedicados” que permiten que os deportistas e os que non o son teñan un acceso diferenciado.
Así mesmo a instalación conta con un novo pavimento, ampliouse o número de vestiarios e construíuse un novo ximnasio con que se tenta favorecer a actividade deportiva que aquí se realice.

Pero á marxe do aspecto deportivo, tamén se acometeron melloras en materia de aproveitamente enerxético. Neste eido, dispúxose unha ubicación estratéxica das fiestras que posibilitan maís luminosidade natural, e instaláronse paneis de aporte solar na cuberta do Polideportivo cos que se incrementa a sustentabilidade apoiando o uso das enerxías renovables.
Xunto ao mellor aproveitamento que agora se fai da luz natural, o Polideportivo de Oira conta agora con mellor illamento do exterior, reforzándose especialmente o da fachada, así como o da cuberta.

O terceiro aspecto que o departamento de Fernando Varela e o Consello Municipal de Deportes consideraronn que era preciso acometer, era integrar todo o que se levou a cabo nun deseño moderno “que dotase ao conxunto de harmonía ao tempo que de sustentabilidade”, sinalou Varela.
O recinto queda aberto de novo, por tanto, ás actividades de baloncesto, fútbol sala, balonmán e hockey, que son os deportes que prioritariamente se desenvolverán nesta cancha.

Volver atras
Imprimir Página