Pode que non una aínda o suficiente, pero polo menos non os alonxa máis. Ao afirmar Manuel Baltar Blanco que o galego debe ser un canle de entendemento e convivencia harmónica entre os galegos “e non converterse nun arma de dictadura idiomática que uns poucos queren esgrimir para dividir á sociedad”, o presidente do Partido Popular de Ourense propiciou unha foto que non se produce dende hai moitos meses, a de Baltar Blanco co alcalde de Verín, aspirante á presidencia do PP de Ourense e rival de Manuel Baltar na campaña do Congreso do 30 de xaneiro pasado. A foto producíuse en Verín, xa que o presidente do PP de Ourense está a visitar estos días as sedes locais dos populares ourensáns.
 
 
 
O borrador do decreto do Galego senta á mesma mesa a Baltar Blanco e a Jiménez Morán en Verín
12 de ABRIL de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, está levando a cabo polas sedes do PP da provincia de Ourense, unha campaña explicativa de como o seu partido entende, plantexa e afronta o uso do galego dende as institucións públicas. Nesta campaña, Baltar Blanco plantexa sistemáticamente que o galego ten que ser “canle de entendemento e convivencia harmónica”, e que non debe convererse nunca “nun arma de dictadura idiomática que uns poucos queren esgrimir para dividir a sociedade”.
O feito de que unha das estadías de Baltar Blanco pola provincia fora Verín, ven de producir unha foto insólita dende xa fai bastantes meses, a de Baltar Blanco con Juan Manuel Jiménez Morán.

“A xente rexeita que se lle impoñan cousas, non quere adoctrinamentos extremistas. Os galegos votaron hai un ano maioritariamente unha política lingüística de consenso, na que poidan convivir perfectamente o galego e o castelán e onde se incorpore progresivamente o inglés, por aí vai o futuro, e iso non quere dicir que non defendamos o noso idioma”, sinala Baltar Blanco, ao recordar que o principal obxectivo do borrador do decreto que promove o Executivo de Núñez Feijóoo “é buscar o equilibrio no tratamento de galego e castelán”.
Deste xeito, sinala Baltar Blanco, o alumnado “disporá da suficente capacidade para utilizar as dúas linguas oficiais”

Considera Baltar Blanco que se pasa dun decreto que abocaba a Galicia ao monolingüismo a un modelo plurilingue, sinaliu, que pasa de “impoñer” e de “un modelo inflexible”, a liberdade para expresarse en calquera das dúas linguas, “e pasamos dun decreto no que a participación dos pais era nula a un modelo que se construíu a partir dunha consulta ao 100% das familias”, sinalou.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página