A Xunta de Galicia ven de asinar a través da súa delegación en Ourense, convenios con catro concellos desta provincia, os de A Gudiña, Xunqueira de Ambía, Riós e Xinzo de LImia, en materia de albergues temporais para os peregrinos do Xacobeo. A estes convenios compre engadir o firmado co Instituto Ourensán de Desenvolvemento polo que se van acondicionar tres estacións de ferrocarril, as de Vilavella, Campobecerros e Vilar de Barrio, que suporán un aporte de algo máis dun cento de prazas para os peregrinos do Camiño Mozárabe pola provincia de Ourense.
 
Noticias Relacionadas
  Laza y Xunqueira de Ambía firman convenios con la Xunta para voluntariado del Xacobeo 2010
 
 
Cinco convenios amplian en Ourense os aloxamentos para peregrinos en máis de 300 prazas
 
10 de ABRIL de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, presidiu este venres a firma dos convenios para a dotación de albergues provisionais en sete concellos da provincia de Ourense, e que permitirán acondicionar varias instalacións así como habilitar 313 prazas máis de aloxamento para peregrinos. En total, a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo destinou 183.489 euros a estes convenios que afectan aos municipios de A Gudiña, A Mezquita, Castrelo do Val, Riós, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía e Xinzo de Limia polos que discorre a Vía da Prata.

No caso de A Gudiña, a Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo destinará a este Concello 46.809 euros para o acondicionamento dunha antiga escola, ademais da dotación de mobiliario, para que funcione como albergue temporal e habilitar así 32 camas máis para peregrinos.
O concello de Riós contará, pola súa banda, con 13.050 euros para a habilitación da planta baixa do Centro de Interpretación da Castaña para que funcione como albergue provisional, e outros 14.959 euros para o mobiliario o que permitirá crear 36 prazas de aloxamento.
O de Xunqueira de Ambía contará con 38 prazas máis de aloxamento para peregrinos, para o que acondicionará o albergue de A Abeleda cos 14.786 euros que recibirá da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.
Pola súa banda, o municipio de Xinzo de Limia contará con 18.885 euros para a adquisición de 100 colchonetas e acondicionamento do pavillón municipal como albergue temporal.

Asemade, o convenio firmando este venres co Inorde recolle o investimento de 75.000 euros que fará a Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo para dotar de mobiliario ás estacións de tren de Vilavella, no concello de A Mezquita,  Campobecerros, no de Castrelo de Val, e a de Barrio en Vilar de Barrio, e que funcionarán como albergues temporais. Estas tres estacións representarán un aporte ao Camiño Mozárabe de 107 prazas de aloxamento.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página