A segunda fase do Botánico de Montealegre faraa unha empresa ourensá, Extraco. A súa foi a mellor proposta das 30 que se presentaron a concurso, segundo ven de decidir e aprobar a Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense. Os técnicos valoraron tantos os custes como o feito de que a empresa oferte dar emprego coestas obras a 40 traballadores, dos cales 21 xa son da empresa pero os 19 restantes serán contratos novos. Ademais, Extraco presenta unha mellora na súa oferta que supón 343.493 euros extra para o proxecto inicial. A segunda fase dos traballos suporán un inveestimento de 1,9 millóns de euros.
 
Noticias Relacionadas
  El PP dice que las obras de Montealegre ni están adjudicadas ni se sabe quien las hará
  O PSOE propón convertir en xardín botánico e parque único en Galicia O Montealegre
  PRESENTACIÓN do Proxecto (15 de mayo de 2007)
 
 
 
Unha empresa ourensá, Extraco, será a encargada da segunda fase das obras do Botánico de Montealegre
9 de ABRIL de 2010: OURENSE DIXITAL

A empresa Extraco será a encargada das obras de  “Restauración paisaxística das antigas canteiras de Montealegre e construcción do Centro de Interpretación e Investigación do Botánico de Montealegre”.  Así o acordou a Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense na súa reunión deste xoves.
Esta obra constitúe a segunda fase do proxecto de construcción do Botánico de Montealegre, do que actualmente se desenvolve a primeira fase. Suporá un investimento de 1,9 millóns de euros, que serán financiados con cargo ó Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade. De feito, esta obra é a de maior orzamento investidor de tódalas incluidas no Plan E no Concello de Ourense para o presente ano 2010, recorda o propio Concello ourensán.

Extraco foi a empresa que presentou a mellor oferta entre as 30 que concurriron ó concurso convocado polo Concello para executar estes traballos. A empresa ourensá obtivo a mellor puntuación de acordo co estudio realizado pola mesa de contratación do concurso, que tivo en conta como criterios de avaliación os postos de traballo que xerará a execución das obras, as ofertas económicas presentadas e as propostas de realización de melloras achegadas polas empresas.
Concretamente, Extraco ofertou dar emprego a 40 traballadores: 21 empregados propios (6 capataces, 13 oficiais, 1 encargado de obra e 1 xefe de obra) e outros 19 traballadores máis que contratará para realizar as obras (11 oficiais e 8 peóns).
Ademáis, ofertou ao Concello realizar melloras adicionais valoradas nun total de 343.493 euros.

Recorda o Concello que as obras de construción do complexo ambiental Botánico de Montealegre teñen como obxectivo transformar este entorno de extraordinario valor paisaxístico e natural nun gran complexo de espacios didácticos e recreativos unidos entre sí por itinerarios divulgativos, dotado cun miradoiro panorámico, un Centro de Interpretación e Investigación, un aula de natureza-auditorio ó aire libre e zonas de magostos, entre outros atractivos ó servicio de veciños e visitantes da cidade.
Para acometer este proxecto, o Concello completou previamente a adquisición, mediante expropiación, das parcelas necesarias, realizando un investimento de 900.000 euros.

O proxecto porá en valor un espacio de 122.000 metros cadrados de superficie dotado dun extraordinario interese paisaxístico e ecolóxico que ata agora, a pesares da súa proximidade e doada conexión coa cidade, permanecera de costas ó desenvolvemento urbano.
O valor do entorno reside tanto nas cualidades ambientais como paisaxísticas, xa que se trata dun ecosistema que presenta un marcado carácter mediterráneo, un relevo con formacións graníticas peculiares e unha localización elevada que ofrece unha privilexiada vista panorámica sobre o canón do Miño e a paisaxe urbana da cidade.

Volver atras
Imprimir Página