Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 
  López Vidal recorda que a redacción do estudo informativo e de impacto ambiental da conexión do Polígono de San Cibrao coa A-52, xa a deixara licitada o bipartito. Eso sí, tamén recorda López Vidal que, por moito que dixera o conselleiro Hernández, só hai consignada unha partida de 93.376 euros para este cometido.
 
Noticias Relacionadas
  Antes de acabar el verano saldrá a información pública el nuevo enlace San Cibrao-Autovía A-52
 
 
López Vidal recórdalle á Xunta que o bipartito xa deixara licitada esta conexión
6 de ABRIL de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O portavoz de Infraestructuras do Grupo Parlamentario Socialista, Pablo López Vidal valorou este mesmo luns o anuncio feito polo conselleiro de Medio Ambiente e Infraestructuras no que sinalou que someterá a información pública este verán o trazado da nova estrada que conectará o parque empresarial de San Cibrao das Viñas coas autovías A-52 e Ourense-Celanova, recordando que “xa o anterior executivo autonómico deixou licitada a redacción do estudo informativo e de impacto ambiental”.
Sin embargo, advirte o socialista López Vidal que nos orzamentos aprobados polo Executivo de Núñez Feijóo “só hai unha partida de 93.376 euros” para tal cometido, polo que o parlamentario socialista  sinala que é preciso coñecer as intencións reais do Goberno galego.

O parlamentario socialista dixo tamén que esta mesma proposta, da que este lunes se fixo eco Agustín Hernández en Ourense, “foi presentada e defendida en sede parlamentaria por este humilde deputado, pero obtivemos a negativa e a calada por parte do Goberno do Partido Popular”.
Polo que López Vidal se pregunta si o PP que goberna na Xunta é o mesmo que vota en sede parlamentaria. “Aclárense e póñanse de acordo”, pediu o parlamentario socialista.

Por último Lopez Vidal botou en falla un compromiso claro e firme do Conselleiro e do Goberno de Feijoo de desenvolver a superficie empresarial do Val da Rabeda, tamén nesta provincia, e da que nada se está a falar polo Executivo de Núñez Feijóo.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página