Consumouse o que xa se anunciara: todas as autonomías verán recortado o gasto en políticas migratorias nun 65%. O Ministerio de Traballo e Inmigración vén de confirmar un recorte do Fondo que vai dos 200 millóns de euros orzamentados en 2009 aos 70 millóns actuais a repartir entre o conxunto das autonomías. A medida afecta directamente ao Fondo de Apoio para a Acollida, Integración e Reforzo Educativo dos Inmigrantes, “referente para o traballo en materia de integración social do colectivo”, sinala a Xunta de Galicia, que se suma a outras comunidades nas protestas contra a “drástica” reducción.
 
 
O Goberno Central reduce ás comunidades españolas un 65% do gasto social para Políticas Migratorias
 
5 de ABRIL de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Emigración, recibirá do Goberno central 2.002.641 euros menos que en 2009 para políticas migratorias. Así será despois de que o Ministerio de Traballo e Inmigración confirmará un recorte orzamentario do Fondo que baixa dos 200 millóns de euros que se consignaron no 2009, aos 70 millóns aos que se reduce a partida en 2010 para todo o Estado.
A notificación, na que a Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración informaba da decisión adoitada, ven de ser remitida a Xunta de Galicia tras anunciar hai uns meses que a merma en gasto social para o colectivo sería dun 50%, cando finalmente a redución acadará ata o 65%, sinala o Executivo galego.

A medida afecta directamente ao Fondo de Apoio para a Acollida, Integración e Reforzo Educativo dos Inmigrantes, referente para o traballo en materia de integración social do colectivo. Así a cantidade final que recibirán o conxunto das as comunidades para a acollida, a integración e o reforzo educativo pasa dos 200 millóns orzamentados inicialmente a 70 millóns de euros.

Galicia súmase ao resto de comunidades autónomas no rexeitamento deste recorte do Fondo que reciben as autonomías, a fin de poder levar a cabo unha política integral de inmigración na que se fai indispensable a cooperación entre as distintas administracións.
Este descenso do 65% na partida referida á integración de inmigrantes explícase debida ao axuste dos Presupuestos Generales del Estado que emprendeu o Goberno central o pasado mes de febreiro para implantar "austeridade", fronte á crise económica, o que supón unha drástica redución en gasto social.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página