O IES "Cidade de Antioquía" de Xinzo de Limia está a celebrar estes días os éxitos dun dos seus alumnos, Óscar Rivero Salgado, que ven de claficarse para representar a España na fase internacional da Olimpiada Matemática que celebrará no vindeiro mes de xullo en Kazagjinstán. No "Cidade de Antioquía" destácase ademais que este certamen está pensado para estudantes de Bacharelato, e só en contadas ocasións se permite o concurso de estudantes de ESO, como é o caso de Óscar Rivero.
 
 
Un alumno do "Cidade de Antioquía" de Xinzo no equipo español da Olimpiada Matemática
 
31 de MARZO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O alumno de 4º de ESO, Óscar Rivero Salgado, do IES "Cidade de Antioquía" de Xinzo de Limia, ven de acadar en Valladolid unha medalla de prata que o levará á fase internacional de Kazagjistán desta Olimpiada a celebrar o vindeiro mes de xullo.
O equipo galego acadou esta medalla na Fase Nacional da XLVI Olimpiada Matemática Española que se celebrou este pasado fin de semana, na que participaron os gañadores das diferentes fases de distrito, un total de 114 alumnos.
Óscar ven de ser seleccionado para formar parte do Equipo Olímpico Español para as olimpiadas internacionais, ao se clasificar entre os seis primeiros españoles nesta 46 edición da OME.

No centro escolar donde estuda Óscar Rivero e donde se acolleu a noticia con enorme xúbilo, destácase que, ademais do éxito que supón esta medalla de prata e o formar parte do equipo español, compre destacar que este certame está pensado para alumnos de Bacharelato, e que só en casos excepcionais se permite a participación de alumnado de ESO, como é o caso de Óscar Rivero.
Dende o Cidade de Antioquía de Xinzo, recórdase que xa o ano pasado Óscar acadara unha medalla na fase galega deste mesmo certame.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página