Dotado con un único premio de 6.000 euros, o Concello de Ourense ven de convocar un concurso que premiará a mellor iniciativa empresarial de caracter emprendedora que se desenvolva na cidade no presente ano 2010. Este premio inscríbese no Encontro de Emprendedores “Eduardo Barreiros” do mes de xuño, e poderán concurrir tódolos emprendedores que presenten un proxecto empresarial que se materialice antes do día 31 de decembro de 2010. Unha vez que a proposta sexa admitida, serán os autores os que teñan que expoñela e defendela diante do xurado nun acto público que se desenvolverá, precisamente, no marco do III Encontro de Emprendedores.
 
 
O Concello de Ourense premia con 6.000 euros o mellor proxecto emprendedor do 2010
31 de MARZO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O Concello de Ourense convoca un concurso que premiará con 6.000 euros a mellor iniciativa empresarial que se desenvolva na cidade no presente ano 2010, iniciativa que se inscribe no programa de fomento da cultura emprendedora. A Xunta de Goberno Local aprobou ese martes as bases do premio, que ten como obxectivo “recoñecer a iniciativa, orixinalidade e innovación dun proxecto empresarial que se desenvolva en Ourense, así como fomentar a creación de empresas sobre a base das oportunidades emerxentes no municipio”.
O Concello sinala que este certame petende propiciar o xurdimento de proxectos empresariais innovadores na cidade e contribuir ó desenvolvemento do espíritu emprendedor. O concurso desenvolverase no marco do Encontro de Emprendedores “Eduardo Barreiros”, que organiza o Concello ourensán no mes de xuño.

 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA    
Agustín Fernández, concelleiro de Formación e Emprego

As bases establecen que poderán concurrir aos premios tódolos emprendedores que presenten un proxecto empresarial que se materialice antes do día 31 de decembro de 2010, e cuxa actividade principal se desenvolva no Concello de Ourense. Os interesados deberán presentar a súa proposta no Concello, achegando solicitude de participación, segundo o modelo oficial, fotocopia do DNI/NIE do solicitante e dos socios, e definición da idea empresarial/Plan de Empresa.
O prazo de presentación será de 2 meses naturais dende a publicación da convocatoria no taboleiro de anuncios do Concello.

Os proxectos presentados valoraranse seguindo un criterio de baremación cuantificado ata 80 puntos, que se distribuirán en 4 conceptos: caracter innovador (ata 20 puntos); viabilidade técnica e económica (ata 20 puntos); creación de emprego, a razón de 5 puntos por posto de traballo creado, ata un máximo de 20; e utilización de recursos endóxenos do Concello de Ourense (ata 20 puntos).
O xurado estará composto por representante da Confederación Empresarial de Ourense, Universidade de Vigo, Consello Consultivo de Empresarios e Profesionais Ourensáns no Exterior o director xeral de Emprego e Promoción Económica do Concello e o concelleiro de Economía, Facenda, Emprego e Promoción Económica do Concello.

Os emprendedores que concurran ao concurso terán que expoñer e defender o seu proxecto ante o xurado nun acto público a celebrar no marco do III Encontro de Emprendedores “Eduardo Barreiros”, e a entrega dos premios será tamén no marco deste actividade.

 
Volver atras
Imprimir Página