Alfonso Rueda

 
  A partires de mediados do ano que ven, a Xunta de Galicia conta con ter en servizo o Parque de Bombeiros do Carballiño. Así o anunciou este xoves o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, quen sinalou que este mesmo ano está previsto que se licite a construción do edificio, para entar en obras a comezos do ano que ven. O parque do Carballiño, o cuarto da provincia de Ourense, dará servizo contra incendios e de xestión das emerxencias ao redor de 40.000 persoas dos 15 concellos da zona. Terá un investimento de 2 millóns de euros, dos que a Xunta achega a metade.
 
Noticias Relacionadas
  El PSOE pide que la Xunta active los parques comarcales de Carballiño, Ribadavia y A Baixa Limia
 
 
O Parque de Bombeiros do Carballiño estará en obras o ano que ven e en servizo a mediados de 2011
26 de MARZO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O Parque de Bombeiros de Carballiño, que prestará servizo ás comarcas do Carballiño e do Ribeiro, será unha realidade e estará funcionando a pleno rendemento o vindeiro ano 2011. Así o anunciou este xoves o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, que presentou o proxecto do parque xunto ao presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, os responsables da Mancomunidade do Ribeiro e os alcaldes da zona.
Respecto aos plazos que manexa a administración autonómica, Rueda explicou que este mesmo ano está previsto que se licite a construción do edificio, así como a adquisición de vehículos e equipamento do parque, de tal xeito que estará en obras a comezos do ano que vén e prestará servizo aos veciños da zona a partires de mediados de 2011.

O parque do Carballiño, o cuarto da provincia de Ourense, dará servizo contra incendios e de xestión das emerxencias ao redor de 40.000 persoas dos 15 concellos da zona que, tal e como apuntou o conselleiro, estarán un pouco máis seguros tras a posta en marcha do parque comarcal, no que traballarán 18 bombeiros.
Contará cun investimento de dous millóns de euros, dos cales a Xunta aportará un 50%, 1 millón de euros, a Deputación de Ourense un 30%, o Concello de Carballiño un 10%, a Mancomunidade do Ribeiro un 3% e os restantes concellos un 7%.

Precisamente, Alfonso Rueda aproveitou o acto para destacar a importancia da colaboración entre institucións para ter en funcionamento un sistema de emerxencias profesional e uniforme, polo que aposta a Xunta.  O de Carballiño será o parque comarcal número 25 que se poña en marcha en Galicia, según os datos manexados polo vicepresidente do Executivo galego.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página