Francisco Rodríguez, alcalde

 
  Xornada histórica a de este 23 de marzo para un dos proxectos “estrela” dos anunciados por Francisco Rodríguez na campaña de 2007 á Alcaldía de Ourense. O 15 de mayo daquel ano, 2007, Rodríguez falaba por primeira vez de convertir o Montealegre nun grande xardín botánico e un parque único en toda Galicia. Xa por entón presentábase un proxecto que o bipartito non descuidou nos anos que van trasncurridos, casi tres, desta lexislatura, e que neste martes, 23 de marzo, materializa o propio Rodríguez na colocación da primeira pedra do futuro Complexo Ambiental Botánico do Montealegre.
 
Noticias Relacionadas
  O PSOE propón convertir en xardín botánico e parque único en Galicia O Montealegre
  PRESENTACIÓN do Proxecto (15 de mayo de 2007)
 
 
Rodríguez coloca este martes a simbólica primeira pedra do Complexo Botánico do Montealegre
 
23 de MARZO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O proxecto de construcción do Complexo ambiental “Botánico de Montealegre” que promove o Concello de Ourense, arrancará este martes, día 23 de marzo, ao mediodía, co acto simbólico de colocación da primeira pedra, que presidirá o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez. O proxecto suporá un investimento de máis de 2 millóns de euros e converterá ao Montealegre nun complexo de espacios didácticos e recreativos unidos entre sí por itinerarios divulgativos, cun miradoiro panorámico e un Centro de Interpretación e Investigación.
Previamente, o Concello realizou un investimento de máis de 900.000 euros para a expropiación da totalidade das parcelas necesarias.

A primeira fase dos traballos consiste, básicamente, no acondicionamento dos terreos para a súa posterior urbanización, o que virá a supoñer o nivelado de áreas de actuación, limpeza dos terreos, saneado da vexetación e eliminación selectiva das especies invasivas, conxuntamente coa restauración dos muros de mamposteiría existentes e instalación dunha rede de auga.
A seguinte fase consistirá propiamente na conversión do Montealegre nun gran complexo ambiental, no que salientará a construcción dun Centro de Divulgación e Investigación, un miradoiro panorámico sobre o cañón do río Miño, posta en valor integral do entorno e acondicionamento dunha rede de camiños e sendas peonís, conxuntamente coa urbanización dos accesos e aparcamentos ó servicio dos seus usuarios, entre outras actuacións.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página