Ven de ser presentado ese xoves un novo proxecto para a zona de O Tinteiro, que inclúe unha plataforma que elevará un pouco o actual recinto sobre a cota no que se asenta na actualidade. É unha obra que conta cun orzamento de 117.000 euros, e cuxa execución está supeditada a meteoroloxía, si ben na Concellería de Termalismo confíase en tela rematada para o verán que se aproxima. Actuaráse nun área de 160 metros cadrados aproximadamente (40 metros longo por 4 de ancho) contigua á fonte, hoxe un recinto aberto de forma cuadrangular que acusa un mal estado de conservación, segundo se sinala dende Termalismo do Concello de Ourense. A obra inclúe tamén un novo selado dos manantiais de O Tinteiro.
 
Noticias Relacionadas
  O Concello dispón “expropiación directa” das parcelas do Campo de Santiago para zona verde
 
 
Termalismo acomete un proxecto que transformará O Tinteiro nun espazo de lecer
 
19 de MARZO de 2010: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Termalismo do Concello de Ourense vén de facer público o seu proxecto de intervención para a recuperación e reforma da fonte do Tinteiro e o seu entorno. Trátase dunha obra singular que tranforma todo o entorno deste manancial e que  comprende a urbanización dos accesos, a instalacións  de dúas pérgolas e a reforma da fonte, incorporando pediluvios e pilóns. Conta con un orzamento de 117.000 euros, e o plazo de execución das obras está condicionado á meteoroloxía, segundo puxeron de manifesto este xoves os titulares de Termalismo y Infraestructuras, Ana Garza e Andrés García Mata, respectivamente.
Con esta intervención plantéxase a construcción dun novo espazo de estancia e acabados coidados que veña completar a oferta termal das marxes do Miño.

Actuaráse nun área de 160 metros cadrados aproximadamente (40 metros longo por 4 de ancho) contigua á fonte, hoxe un recinto aberto de forma cuadrangular que acusa un mal estado de conservación. Segundo explicou hoxe a edil de Termalismo, Ana Garza, a obra actuará en tres frontes: a recuperación do entorno, reformando os accesos, o selado das surxencias para incrementar o caudal da fonte e a instalación de dúas pérgolas, unha vella demanda dos usuarios deste espazo a que se lle da resposta.
En resumo, a obra contempla a creación dunha estancia mirador sobre o río dotada, ademais de seis novos pediluvios e dous pilóns para a recollida de augas termais.

No referente aos accesos, a edil explicou que se valoraron coma de calidade os actuais accesos en lousa de pedra, que serán recuperados e conservados. Crearáse unha nova cota de solo por encima da existente e gañando  territorio ao río, polo que se amplia todo o espazo contiguo á fonte actual. A maiores, a intervención contempla a instalación de novo mobiliario urbán.
Aínda que supeditada a obra á meteoroloxía, a concellleira de Termalismo sinalou que “agardamos que a obra esté lista para o período estival. Estamos agardando que o río remate de baixar e se produzan as condicións óptimas de seguridade para comezar a traballar, previsiblemente a mediados de abril”.


Volver atras
Imprimir Página