A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza semanal deste xoves o expediente de ocupación dos terreos necesarios para a construcción dunha gran zona verde na marxe dereita do río Miño, nas proximidades das zonas termais de O Tinteiro e A Chavasqueira, que aumente a oferta de espacios de ocio e lecer  na beira do río e contribúa ó desenvolvemento turístico e termal de Ourense neste entorno, de acordo co previsto no Plan Estratéxico Termal do Concello de Ourense. Así mesmo, a Xunta de Goberno Local convertiu en definitivo o acordo de adxudicar a Galivivienda as 78 vivendas de protección pública ou VPA neste caso, a construir por esta sociedade cooperativa en Mariñamansa, na parcela 8 do solo urbano consolidado AR 39-E.
 
Noticias Relacionadas
  Termalismo acomete un proxecto que transformará O Tinteiro nun espazo de lecer
 
 
O Concello dispón “expropiación directa” das parcelas do Campo de Santiago para zona verde
19 de MARZO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O Concello de Ourense inicia a ocupación de 12 parcelas no Tinteiro para crear unha gran zona verde que reforce a oferta termal da cidade na marxe dereita do río Miño. A Xunta de Goberno Local deste xoves aprobou a expropiación precisa destes terreos.
Trátase concretamente, de 10 parcelas, que suman un total e 11.708 metros cadrados de superficie, e oscilan entre a de maior tamaño, de 5.265 m2 ata a de menor dimensión, de 191, sitos na Área de Reparto 36-N do Plan Xeral de Ordenación Municipal, coa denominación “Campo de Santiago”. E aos que se unen as dúas naves cuxa adquisición o Concello xa informou favorablemente no seu día.
Os estudios realizados polo Concello fan referencia á necesidade de liberar as ribeiras do Miño de usos inaxeitados coa finalidade de favorecer o desenvolvemento turístico e comercial da zona, potenciando o termalismo como seña de identidade da cidade.

 

A Xunta Local deste xoves dispuxo incoar o expediente de ocupación directa desas 10 parcelas. O acordo será publicado no BOP e notificado ós propietarios, abrindo un período de información pública durante 20 días para que estes podan efectuar alegacións.
Recorda o Concello que dirixe como alcalde Francisco Rodríguez que, co obxectivo de recuperar este espacio converténdoo nunha gran zona verde, xa adquiriu por acordo da Xunta de Goberno Local do pasado día 3 de decembro as dúas naves industriais existentes nesta área de reparto, realizando un investimento de 589.8739 euros.
“Agora, abórdase o expediente de ocupación doutras 10 parcelas, co fin de completar a adquisición da totalidade dos terreos necesarios para crear unha gran zona verde promovida polo Concello que reforce os atractivos deste entorno para veciños e visitantes da cidade”, sinala ao respecto Alcaldía de Ourense.

Adxudicación definitiva a Galivivienda para o proxecto da Torre de Mariñamansa

Na mesma sesión, a Xunta Local aprobou a adxudicación definitiva do alleamento por parte do Concello da parcela 8 do solo urbano consolidado AR-39-E, en Mariñamansa, que se destinará á construcción de vivendas de protección autonómica, a Sociedad Cooperativa Galivivienda XXI, na modalidade de venda por un prezo de 2.863.531,60 euros.
O Concello xa adxudicara a parcela de xeito provisional por acordo da Xunta Local do pasado día 18 de febreiro, e vólvese definitivo co acordo adoptado esta mañá.

A oferta presentada por Galivivienda obtivo a mellor valoración por parte da Mesa de Contratación entre as 3 que concurriron ó concurso convocado polo Concello para o alleamento da parcela. A proposta realizada por Galivivienda obtivo a mellor puntuación  tanto na oferta económica (95 puntos frónte ós 88,51 de CYP Promoción Ourense S.L. e 39,99 de Millarcasa, S.L) como no prazo de execución (ao obter 5 puntos fronte ós 1,67 de CYP Promoción Ourense e 0,94 de Millarcasa).

 
Volver atras
Imprimir Página