A inxección da Xunta de preto de 8 millóns de euros da Xunta de Galicia fará posible que, de inmediato, 633 desempregados que están a traballar nas escolas-obradoiros de emprego dos concellos ourensáns, cobren os salarios atrasados. Tamén o farán os desempregados que están a traballar con cargo o Plan de Cooperación do 2009, os axentes de desenvolvemento local e as enteidades beneficiarias das unidades de promoción e desenvolvemento. Así o está anunciado a tódolos concellos o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez. Ademais, está semana os 16 concellos da provincia que contan con GRUMIR xa poden empezar a contratar aos 192 traballadores que conforman estes Grupos.
 
 
A Xunta inxecta 8 millóns de euros que fan posible que 800 desempregados da provincia empecen a cobrar
17 de MARZO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

Os concellos e entidades beneficiarias dos plans de axuda da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, recibirán esta semana os cartos necesarios para que fagan efectivo o pago aos axentes de emprego e desenvolvemento local, aos desempregados con cargo ao plan de cooperación do 2009, e aos beneficiarios das escolas obradoiro e dos obradoiros de emprego. Neste sentido está informando aos concellos o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez.
Aos concellos da provincia correspóndenlle 7,8 millóns de euros, que servirán para que realicen os pagos a preto de 800 traballadores, segundo os cálculos da Consellería de Beatriz Mato.
 
A maior cuantía económica, 6 millóns de euros, correspóndelle aos beneficiarios dos obradoiros de emprego ou escolas Xunta en Ourense.

 

obradoiro, 633 persoas, que comezaron o pasado mes de decembro.
Os 2 millóns de euros restantes repártense para os axentes de emprego e desenvolvemento local (ADL), 1.3 millóns de euros, dos que se benefician concellos, mancomunidades e Deputación e supoñen 76 postos de traballo, ademais de 32 persoas empregadas nos concellos con cargo ó plan de cooperación do 2009 (242.196 euros) e tamén ás entidades beneficiarias das unidades de promoción e desenvolvemento que suman un total de 33 postos de traballo e unha axuda de 472.730 euros.
Martínez salientou o esforzo da Xunta de Galicia que fai efectivo, no período de tempo máis breve posible, o pago que comprometeu en decembro. “Son case oito millóns de euros, dixo, que van aliviar aos concellos evitando así que teñan que adiantalos cartos, nunha época onde as arcas municipais notan a crise”, sinalou o delegado territorial da

Contratacións Grumir: se poden facer esta mesma semana

Ademais recordou Martínez que a Xunta asinou  2,6 millóns de euros á provincia de Ourense para que os 16 concellos que dispoñen de Grupos Municipais de Intervención Rápida, os GRUMIR, poidan comezar a facelas contratacións esta mesma semana.
Estes concellos son os que xa eran estes anos atrás, Allariz, Bande, Baños de Molgas, Os Blancos, O Carballiño, Castro Caldelas, Celanova, A Gudiña, Laza, Lobios, Maceda, Muíños, Ribadavia, Verín, Viana do Bolo, Vilar de Barrio. As contratacións representan un total de 192 postos de traballo.

Está previsto que o vindeiro 1 de abril comece a funcionar este servizo nestes concellos. Ademais tamén se pon en marcha a contratación por parte dos concellos dun mínimo de contratacións  urxentes daquelas obras ou servizos que as propias entidades locais deban atender con carácter inmediato. Os concellos poden levar a cabo ata dous contratos anticipados.

 
Volver atras
Imprimir Página