Amencer xa ten preparada unha nova edición, a terceira, de Tempos de Diversión na Semana Santa, iniciativa na que colabora a Concellería de Igualdade do Concello de Ourense. Xa está aberto o prazo de inscrición para estes novos Tempos de Diversión, que volve a ser gratuita. Os días de actividade son o 29, 30 e 31 de marzo e 5 de abril en horario de mañá e tarde. Aínda que os organizadores recordan que non pasa nada si os participantes o fan en días alternos.
 
 
Volve cara as datas de Semana Santa unha nova edición de Tempos de Diversión de Amencer
15 de MARZO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A Asociación Xuvenil Amencer e a Concellería de Xuventude do Concello de Ourense repiten colaboración para a posta en marcha da terceira edición de Tempos de Diversión, un campamento urbán para estas datas festivas na que rapaces e rapazas da cidade poidan desfrutar dunha alternativa de lecer diferente  na cidade.  Na presentación desta actividade, a Concellería de Igualdade, Marta Arribas, destacou “o importante papel para a conciliación da vida laboral e familiar das familias ourensanas, ofrecedendolles unha alternativa de actividades para os seus fillos neses días non lectivos”.
A proposta lúdico-educativa é para os días 29, 30 e 31 de marzo e 5 de abril en horario de mañá e tarde. “Para ampliar ao máximo a participación cidadá e seguir colleitando os éxitos de pasadas edicións”, sinala Amencer que prolonga o tramo de idades a rapaces de 6 a 14 anos, mentres que en edición pasadas a idade minima eran os 8 anos.

Entre as actividades programadas atópanse xogos populares, deportes, xogos cooperativos, obradoiros de manualidade, contacontos, animación á lectura e mesmo unha ruta a Outariz. Propostas todas elas que os responsabeis de Amencer resumiron en “crear momento de encontro entre os rapaces da cidade e conseguir que eles mesmo desfruten tamén da súa cidade”.
Os horarios das actividades son de 10:30 á 13:30, polas mañáns, e de 16:00 a 19:00 polas tardes. Ao igual que noutras actividades do seu tipo, as instalación que Amencer ten na Praza de Don Bosco convertiránse “nunha casa divertida”, a decir dos responsabeis de Amencer.
A inscrición é libre e gratuíta e pode realizarse na propia asociación Amencer e nas dependencias da Concellería de Igualdade da rúa Concordia desta cidade.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página