Xa vai para dez anos, pero asunto aínda seguía aí. Foi en 2001, en plena voráxine das “vacas tolas”, cando o Concello de Ourense ordeou a SUGASA paralizar a súa actividade en Quintela de Canedo por carecer de licencia. A empresa ocasionaba coa súa actividade un grave problema de saúde pública, contaminaba un regato e, sobre todo, xerou moita alarma social nun momento especialmente sensible. Pero dende entón a empresa non renunciou ao 1,7 millóns de euros que lle pedía ao Concello de Ourense en concepto de inmnización. Agora os recursos chegaron ao seu final, e o Tribunal Supremo ven de establecer que non procede dita indemnización e dalle a razón ao Concello. Acabouse o tema porque a sentencia é firme ao non caber recurso contra o fallo do Alto Tribunal.
 
Noticias Relacionadas
  Noticia 1
  Noticia 2
 
Péchase o caso Sugasa co Supremo validando o proceder do Concello cando o das “vacas tolas”
12 de MARZO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O Tribunal Supremo ven de ditar sentencia favorable ó Concello de Ourense na que “inadmite” o recurso presentado pola empresa Subproductos Gallegos S.A., SUGASA, que demandaba ó Concello unha indemnización de 1,7 millóns de euros por decretar, no ano 2001, o cese da súa actividade. O Concello de Ourense ordeara o peche das instalacións da empresa porque estaba a exercer unha actividade para a que carecía de licencia, consistente na  incineración de reses durante o denominado caso das “vacas tolas”, ocasionando un grave problema de saúde pública, contaminación a un regato próximo ás súas instalacións e una alarma social en Ourense considerable naquelas datas.

 

Sin embargo, a empresa reclamou entón unha indemnización ao Concello alegando presuntos danos e perxuizos ocasionados por esta decisión municipal. A reclamación foi desestimada por acordo da comisión de goberno do Concello de 27 de novembro de 2003.
A empresa recurriu entón nos xulgados esta decisión.
En novembro de 2008, a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou sentencia na que desestimou as pretensións da demandante, que pedía unha indemnización de 1,7 millóns de euros, fixando únicamente unha indemnización por importe de 36.119 euros en concepto de pago dos salarios abonados aos traballadores da empresa durante o tempo que o cese da actividade foi efectivo.
SUGASA recurriría aquela sentencia en casación coa vontade de obter a indemnización de 1,7 millóns de euros á que aspiraba. Unha pretensión que agora é desestimada definitivamente polo Tribunal Supremo.

Con data 18 de febreiro de 2010, o alto tribunal ven de ditar sentencia favorable ao Concello na que declara “inadmisible” o recurso, aceptando as alegacións realizadas polo Concello, que defendeu que a sentencia do TSXG non era susceptible de ser recurrida en casación, dado que correspondía aos xulgados unipersonais do contencioso administrativo a competencia para a súa resolución.
A sentencia do Tribunal Supremo admite estes argumentos, inadmite o recurso e declara firme a resolución que ditara o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O asunto chegou ao seu remate, ao ser a sentencia firme por non ser recurrible. Polo que o Concello de Ourense considérase exonerado de ter que abonar á empresa os 1,7 millóns de euros que reclamaba das arcas municipais.

 
Volver atras
Imprimir Página