Comezo de actividades didácticas a pares este xoves dende o departamento que dirixe Ana Garrido. Comezan este 11 de marzo as visitas de escolares ao centro de educación ambiental “Equal” de Coles, e ao Bosque de Ridimoas da Asociación Cultural do mesmo nome. Actividade que este ano incorpora como novidade a gravación dos “Sons do Bosque. No tocante das visitas a “Equal”, trátase de que os rapaces descubran o valor da nutrición.
 
 
Comezan este xoves as visitas ao Bosque de Ridimoas e o centro de educación ambiental “Equal”  
11 de MARZO de 2010: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza dende este xoves, día 11 de marzo, un ciclo de visitas didácticas de escolares ó centro de educación ambiental “Equal”, en Coles.
Alí os nenos, a través de medios audiovisuais e outros materiais divulgativos, xunto coa realización de prácticas de cociña descubrirán o valor da nutrición, a saúde e os alimentos naturais.
O programa contará coa participación dun total de 224 alumnos, e os seus respectivos profesores, dos colexios  Maristas, Irmáns Villar, La Purísima, Amadeo Barroso e CEIP Mariñamansa.

Así mesmo, tamén o departamento de Ana Garrido e dentro do programa “Educación e Saúde Medio Ambiental”, organiza dende este xoves un ciclo de visitas didácticas de escolares ao bosque da Asociación Ecolóxica Cultural Ridimoas.
Esta actividade incorpora este ano como novidade a gravación dos “Sons do Bosque”, principalmente aves e outras especies da fauna presentes, así como os de carácter físico (aire, agua, regatos, ríos,…) e  antropolóxicos (voces, traballos de viticultura…) para obter o mapa sonoro do espacio natural e a súa significación ecolóxica e cultural. O traballo obtido será editado en formato CD e será facilitado aos participantes.
As visitas comenzarán ás 11 da mañá deste xoves coa presencia de 98 alumnos dos centros IES Universidade Laboral, CPI José García e Divina Pastora.

Volver atras
Imprimir Página
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA