Ata un total de 260.000 euros en achegas varias ven de aprobar este venres a Deputación de Ourense a través da súa Xunta de Goberno. As achegas van dende os 90.000 euros comprometidos para o Festival Internacional de Cine de Ourense ata os 130.587 do Padroado de Turismo. Tamén se aprobarón 6.000 euros para o Premio Antón Losada Diéguez, que este ano vai pola súa vixésimo quinta edición.
 
 
A Deputación aprobou achegas que totalizan 260.000 euros para actividades educativas e culturais  
6 de MARZO de 2010: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou este venres achegas e subvencións por importe de 260.000 euros para o desenvolvemento de actividades educativas e culturais, así como para a realización de melloras tecnolóxicas.
En concreto, no que atinxe ao ámbito cultural aprobouse unha achega de 90.000 euros para o Consorcio do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense, correspondente a aportación anual da Diputación.
Asemade aprobouse unha subvención de 8.000 euros para gastos de funcionamento do Orfeón Unión Orensana, e 6.000 euros para a celebración da XXV Edición do Premio Antón Losada Diéguez.

No que respecta á educación vial, a Deputación de Ourense destinará 9.000 euros ao Concello de Ourense para o desenvolvemento do Programa de Educación Viaria correspondente ao curso 2009-2010, e para os gastos de funcionamento da televisión dixital terrestre en varias poboacións do concello de A Gudiña a Deputación achegará a cantidade de 15.000 euros.
Finalmente, a Deputación destinará unha achega financeira por importe total de 130.587 euros para o Padroado de Turismo, aportación prevista nos orzamentos de 2010.   

Volver atras
Imprimir Página
 
  José Luis Baltar, presidente da Deputación de Ourense