Os novos centros cívicos municipais de O Pino e Seixalbo recibiron este xoves un novo pulo da Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense, que aprobou os proxectos de construcción destes dous novos centros. No caso de Seixalbo estase a falar dun investimento de casi 300.000 euros, mentras que o do Pino non anda lonxe dous 200.000 euros. A Xunta de Goberno Local adxudicou tamén na súa reunión semanal deste xoves a construcción e explotación dun centro deportivo nas Eiroás así como a mellora das piscinas de Oira, e aprobou tamén axudas por importe de 210.000 euros para proxectos de rehabilitación de vivendas do Casco Vello desta cidade así como do núcleo de Seixalbo.
 
 
Aprobados os proxectos de construcción dos novos centros cívicos de O Pino e Seixalbo
5 de MARZO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A construcción de dous novos centros cívicos municipais, os dos barrios de O Pino e de Seixalbo, deu un novo paso adiante ese xoves coa aprobación, por parte da Xunta de Goberno Local, dos proxectos técnicos e os expedientes de contratación dambas obras. No caso de Seixalbo, a Xunta Local aprobou o proxecto de rehabilitación do edificio que acollerá o novo centro cívico e social, por un importe de 291.768,25 euros, que serán financiados con cargo ó Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local. No caso de O Pino, o proxecto ten un orzamento de 193.173,63 euros, que se desenvolverá tamén con cargo ó fondo estatal.

No barrio do Pino, a intervención consistirá no acondicionamento dun local existente nun baixo do bloque 3 das Vivendas Sociais. O Centro Cívico porá a disposición dos veciños das 256 vivendas protexidas, así como de todo o barrio de O Pino un espacio para acoller as súas actividades de reunión, cultura, acceso ás novas tecnoloxías, usos recreativos e usos polivalentes.
O Centro Social disporá dun total de 322 m2 de superficie construida, repartidos en dous locais, contando con sala polivalente (que funcionará como zona de lecer e lectura), sala de conferencias e reunións, área de informática, e ludoteca, entre outras prestacións.

En Seixalbo a intervención consistirá na rehabilitación dun edificio coa finalidade de convertelo no novo punto de encontro aberto a toda a cidadanía ó que poderán acudir maiores, mozos e nenos. O edificio ten una superficie de 400 metros cuadrados que se distribuirán de xeito que os cidadáns podan desenvolver obradoiros, cursos, charlas ou conferencias, facer uso da rede informática, ler e disfrutar do tempo de lecer contando tamén cun espacio para os nenos. 

Estes novos equipamentos formarán parte da Rede de Centros Cívicos que o Concello está a poñer en marcha nos diferentes barrios da cidade, que comezou co da rúa Colón-Casco Vello que entrou en servizo o pasado mes de outubro, e ó que nos próximos meses uniranse os de A Cuña, actualmente en fase de construcción, e os que se porán en marcha tamén este ano nos barrios de A Ponte e Ceboliño.

Centro Deportivo en Eiroás e mellora das piscinas de Oira

Na mesma sesión, a Xunta Local acordou adxudicar definitivamente a concesión de obra pública para a construcción e explotación dun centro deportivo e de saúde en Eiroás e para a reforma, mellora e xestión das piscinas públicas de Oira. Ámbalas obras axudicáronse á empresa Serviocio, Cultura, Deporte e Recreación, S.L., e suporán un investimento total de 9.750.430,23 euros, dos que 7.878.509.32 euros destinaranse á intervención en Eiroás, cun prazo de execución de 17 meses, e 1.871.920,91 euros á de Oira, neste caso, cun prazo de 7 meses.

Subvencións á rehabilitación de vivendas

Na mesma sesión, a Xunta de Goberno acordou outorgar un total de 12 subvencións destinadas a apoiar a rehabilitación de vivendas ubicadas nas Áreas de Rehabilitación Integral de Seixalbo e Casco Histórico.
O importe total das subvencións ascende a un total de 210.955 euros, e beneficiarán a proxectos de rehabilitación de vivendas nas rúas  Amendo, Maior, Macías e Abelardo Arce, na localidade de Seixalbo, e de vivendas situadas en inmobles das rúas Dous de Maio San Pedro, Praza da Trinidade, Doutor Marañón, Fornos e Canella Cega, no ámbito do Casco Vello.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página