Un total de 848 alumnos e 48 profesores de 18 centros escolares desta cidade tomaron parte este martes na representación da obra teatral “EnREDados” das Concellería e Consellería de Sanidade do Concello de Ourense e da Xunta de Galicia, respectivamente. A compañía “Pikor teatro” interpretou dúas sesións no Auditorio Municipal, que combinaron o traballo actoral coas técnicas audiovisuais de última xeración
 
 
O Concello de Ourense promove a reflexión sobre as novas tecnoloxías da información e comunicación  

3 de MARZO de 2010: OURENSE DIXITAL

Un total de 18 centros de ensino da cidade asistiron este martes no Auditorio Municipal á representación da obra teatral “EnREDados”, que organiza a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense en colaboración coa Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e o Auditorio Municipal. A obra dirixiuse a alumnado de segundo ciclo da ESO, Bacharelato e ciclos formativos, profesorado, nais e pais, e consistiu nunha reflexión sobre as novas tecnoloxías da información e comunicación (internet, telefonía móbil, videoxogos…), facendo fincapé nos hábitos que están a desenvolver os mozos nas sociedades modernas, e as novas formas de relación e sociabilización.

A posta en escea da obra combinou o traballo actoral coas técnicas audiovisuais de última xeración. O cegamento que produce unha pantalla acendida constitúe o eixe da narración e da complicidade do espectador.
Este 2 de marzo os centros que tomaron parte nesta actividade foron o Padre Feijoo, o IES Blanco Amor, o IES O Couto, a Universidade Laboral, o Curso de Mediadores e os IES de A Farixa e Portovello, na sesión das dez e media da mañá.
A estes 457 alumnos e 23 profesores engadíronse na das doce e media outros 407 escolares e 25 profesores, que fixeron un total de 864 alumnos e 48 profesores nesta xornada.

Volver atras
Imprimir Página