A Secretaría Xeral de Emigración adica este ano 2,3 millóns de euros ao programa de axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior. Si ben, sinala o departamento de Santiago Camba, a coantía poderá completarse cunha adicional antes de finalizar o exercicio, en función do número de axudas rexistradas e para cubrir tódolos casos que se considere que sexan de verdadeira necesidade. Agora mesmo xa está aberto o prazo para solicitar estas axudas.
 
 
Aberto o prazo para solicitar axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior
24 de FEBRERO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A Secretaría Xeral da Emigración vén de abrir o prazo de solicitude das axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior para este 2010. O programa ten como obxecto a concesión de  prestacións de carácter social, dirixidas aos emigrantes de nacionalidade española e de orixe galego que se atopen en situación de precariedade económica, cubrindo así necesidades básicas de subsistencia e  en materia de atención sociosanitaria.

Este ano, a Secretaría Xeral de Emigración adica 2.350.000 euros a este programa. Así mesmo, esta contía inicial poderá verse incrementada por outra adicional antes da finalización do exercicio, en función do número de axudas rexistradas e a fin de poder asistir tódolos casos de necesidade, baixo os supostos determinados.
Este incremento do creto quedará condicionado á dispoñibilidade de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo programa; como foi o caso do pasado ano no que Emigración habilitou 343.000 euros que sumou á contía de 2.300.000 asignados en 2009.

A Xunta de Galicia, establece en materia de Emigración como unha das súas áreas de actuación prioritaria unha asistencia sociosanitaria digna para todos os galegos e galegas residentes no exterior, mediante, entre outros, o programa de axudas asistenciais individuais, que contribúen a paliar a carencia de medios económicos para poder afrontar as necesidades básicas de subsistencia.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página