Deputación de Ourense, Concello de Esgos e a sociedade urbanística Urbaourense asinará un convenio polo que será esta sociedade a que desenvolva o Parque Empresarial deste Concello. Esgos delega na Deputación a elaboració do Plan Parcial de dito Parque, a xestión e execución urbanística, e a aprobación dos proxectos de urbanización dos polígonos. Establécense unha serie de condicións, como as de venda das parcelas da primeira fase do parque empresarial, que as fará Urbaourense, así como a elaboración material do planeamento do Parque. Hai acordo polas partes, e o convenio queda únicamente pendente do corresponde acordo do pleno deste venres.
 
 
Deputación de Ourense e Urbaourense desenvolverán o Parque Empresarial de Esgos  

24 de FEBRERO de 2010: OURENSE DIXITAL

A Deputación de Ourense en colaboración co Concello de Esgos e a sociedade urbanística Urbaourense, S.A. asinarán un convenio de cooperación para o desenvolvemento do Parque Empresarial de Esgos, segundo acordou a Comisión de Promoción Económica da Deputación. A proposta será levada a pleno o vindeiro venres, e trala súa aprobación comezará a posta en marcha das actuación necesarias para dotar ao Concello de Esgos dun parque empresarial que permitirá dinamizar e potenciar a oferta industrial e empresarial do municipio.
En virtude deste convenio, o Concello de Esgos delega na Deputación de Ourense a elaboración do Plan Parcial, a xestión e execución urbanística, así como a aprobación dos proxectos de urbanización dos polígonos.

Neste senso, a elaboración material do planeamento será realizada por Urbaourense, S.A., mediante a súa contratación cunha empresa. O financiamento do correspondente contrato de servizos será asumido ao 90% por Urbaourense, achegando o Concello de Esgos o 10% restante. O plano elaborado será entregado ao concello para a súa formulación e aprobación inicial no prazo máximo de 8 meses.
Urbaourense prestará ademais asistencia gratuíta ao Concello de Esgos para a tramitación do planeamento, incluíndo a elaboración de informes técnicos e xurídicos que sexan precisos para resolver as alegacións formuladas no trámite de información pública ou calquera outra incidencia que poida xurdir durante a súa tramitación.

A venda das parcelas da primeira fase do parque empresarial realizarase por Urbaourense. No caso daquelas nas que existan precontratos de compra-venda ou opcións de venda subscritas polo concello de Esgos e cedidas a Urbaourense, venderanse a un prezo mínimo de 50 euros por metro cadrado, IVE excluído. O restos das parcelas serán alleadas por Urbaourense ao mesmo prezo mínimo, o cal se manterá durante un prazo de 12 meses dende o inicio do procedemento de venda de parcelas.

Volver atras
Imprimir Página