Presentouse este martes en Ourense unha nova ferramenta da Secretaria Xeral de Familia da Xunta de Galicia, o rexistro único de entidades que prestan servizos sociais na comunidade galega. Sinálase que esta “ferramenta informática” acádase a unificación e sistematización daqueles datos básicos que anteriormente estaban en dous rexistros, no de entidades de familia e no de maiores, discapacidade e servizos comunitarios. Polo tanto, isto vai ser de especial interese para os traballadores sociais, que poderán ter case de inmediato información a unha única e unificada base de datos.
 
 
Presentouse en Ourense o rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais
24 de FEBRERO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A Consellería de Traballo e Benestar está a por en marcha o rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais, “ferramenta informática” que foi presentada este martes en Ourense pola Secretaria Xeral de Familia, Susana López Abella, e polo Delegado Territorial de Ourense, Rogelio Martínez, aos técnicos da delegación e a traballadores sociais dos concellos da provincia.
Esta aplicación vai a permitilo acceso aos datos das entidades prestadoras de servizos sociais rexistradas na comunidade, así como dos centros e programas autorizados nas diferentes áreas de actuación.

 
Susana López Abella

“Coa posta en marcha desta base informática acádase a unificación e sistematización daqueles datos básicos que anteriormente estaban en dous rexistros, no de entidades de familia e no de maiores, discapacidade e servizos comunitarios”, sinalan dende a delegación territorial da Xunta en Ourense.
Así, a través dunha soa ferramenta, poderanse facer visibles a totalidade dos recursos sociais autorizados existentes no territorio da comunidade autónoma aos que poderán acceder os equipos de traballadores e traballadoras sociais das distintas administracións.
Isto vai ser de especial interese para os traballadores sociais, xa que poderán ter case de inmediato información sobre a disponibilidade de prazas en centros e programas de cara á optimización dos recursos. Tamén facilitará o traballo das entidades do sector, xa que se converte nun instrumento de comunicación coa administración que permitirá simplificar e unificar a súa xestión.

É intención do departamento de Susana López Abella que desenvolvemento completo desta ferramenta informática permitirá nun futuro a súa conexión con outras aplicacións nas que está  traballando a Consellería de Traballo e Benestar no ámbito da dependencia que ampliarán as súas funcionalidades actuais.

 
Volver atras
Imprimir Página