Do total de nove propostas de Gasto Social que o Concello de Ourense trasladou ao Ministerio de Política Territorial con cargo ao FEI deste 2010, o Goberno de Francisco Rodríguez ven de acadar conformidade para as catro primeiras. Son catro propostas para outros tantos programas que totalizan un investimento de casi 1,6 millóns de euros, e que son os de Axuda a Domicilio, Comedor sobre Rodas, comedores escolares para familias con escasos recursos económicos e a organización dun campamento de acción social. Quedan outros cinco proxectos nos que o Concello de Ourense confía en ter a mesma sorte que nestes catro xa autorizados.
 
Noticias Relacionadas
  Ourense totaliza 374 proyectos de Inversión al FEIL, pero sólo 53 de ámbito Social
 
 
Autorizados ao Concello de Ourense os 4 primeiros proxectos sociais presentados ao FEIL de 2010
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
Marga Martín, concelleira de Benestar Social, e Francisco Rodríguez, alcalde de Ourense
23 de FEBREIRO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O Concello de Ourense ven de recibir a aprobación, por parte do Ministerio de Política Territorial, do financiamento de 4 programas de gasto social que o Concello presentou á convocatoria do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade. Trátase, concretamente, dos programas de Axuda a Domicilio, Comedor sobre Rodas, comedores escolares (dirixido a familias de escasos recursos económicos) e a organización dun campamento de acción social.
A achega do Fondo Estatal para estes catro programas ascenderá a un total de 1.568.286 euros.

A maior das partidas está destinada ó Servicio de Axuda no Fogar, por un importe de 1.044.586,20 euros.
Este é o principal programa que desenvolve a Concellería de Benestar Social, tanto polo seu orzamento como polo número de usuarios, máis de 700. O servicio presta atención nos seus propios fogares a aquelas persoas que por motivos de saúde, idade, ou situación familiar necesitan de apoio persoal para realizar as tarefas habituais da vida diaria, tanto atención persoal como labores domésticas, facilitando así a permanencia destas persoas no seu propio contorno e evitando a súa posible institucionalización.
Dirixido ós colectivos máis vulnerables, dá servicio actualmente a máis de 700 persoas en Ourense.

O Fondo Estatal dará apoio tamén ó servicio de Comedor sobre Rodas do Concello de Ourense, ao que facilitará unha achega de 300.000 euros. Esta á unha prestación complementaria do servicio de axuda a domicilio coa que, por parte de persoal especializado, sérvense comidas a domicilio a aquelas persoas que, dada a súa situación, o precisa. Este programa conta con máis de 200 beneficiarios.

O programa de comedores escolares, dirixido a casos de emerxencia social, ten un importe de 188.800 euros. O programa dá apoio ás familias que por circunstancias especiais non poden atender ós seus fillos á hora de xantar por motivos laborais e que por mor dos seus escasos recursos económicos non poden por si mesmos facer fronte ó pago de comedores escolares. Benefícianse deste programa 403 menores na cidade de Ourense

Tamén contará co apoio do Fondo Estatal para o Emprego o proxecto dun campamento de acción social, organizado pola Concellería de Benestar Social, que recibirá unha achega de 35.000 euros. Trátase de facilitar aos nenos de familias con escasos recursos económicos a posibilidade de participar nun campamento co que podan desfrutar dunha estancia vacacional fóra do seu fogar habitual, realizando actividades en contacto coa natureza e convivindo con outros rapaces. Beneficiaranse este ano 75 nenos de familias sin recursos económicos.

Outras cinco propostas por visar

Estes son os 4 primeiros programas de acción social para os que o Concello obtén a confirmación do financiamento por parte do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade, dado que foron os primeiros que o Concello presentou ante o Ministerio de Política Territorial.
A eles prevese que nos próximos días se podan unir as outras 5 propostas de acción social que foron presentadas polo Concello a este Fondo: os programas do centro de día de atención a enfermos de alzheimer, familias monoparentais con fillos menores, comedores escolares, Universidade Popular e inclusión laboral de persoas con discapacidade intelectual.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página