Víctor Pliego

 
 

Este fin de semana, sábado e domingo, a Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza unha iniciativa dirixida ao profesora de música desta cidade. Estará en Ourense para desenvolvela o catedrático de Historia da Música do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, Víctor Pliego de Andrés. Titúlase "A Historia da Música a través do Cine".

 
 
Educación do Concello achega ao profesorado “A Historia da Música a través do Cine”  

20 de FEBRERO de 2010: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza esta fin de semana unha iniciativa dirixida ao profesorado de música desta cidade. Trátase dun curso de pedagoxía musical denominado "A Historia da Música a través do Cine", que impartirá o catedrático de Historia da Música do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, Víctor Pliego de Andrés.
Esta actividade desenvolverase no anexo da Escola de Artes Escénicas este sábado, día 20 de febreiro entre as dez da mañá e as dúas da tarde, e de catro a oito, e o domingo, de de dez da mañá a dúas da tarde.
Dentro dos contidos, tratará do cine histórico onde aparecen esceas ou alusións musicais, biografías cinematográficas de músicos e compositores, películas con argumentos directamente relacionados co a música, óperas levadas ó cine, e documentais cinematográficos.

Víctor Pliego de Andrés é musicólogo, articulista, conferenciante e autor de numerosos libros relacionados coa historia e a pedagoxía musical. Tamén é profesor de didáctica da Música da Universidade de Alcalá de Henares, crítico musical do diario "el Sol" e presidente na Sección Española da Sociedade Internacional para a Educación Musical, entre outras experiencias.

Volver atras
Imprimir Página