Ourense ven de ser escenario do seminario de xeración, maduración e avaliación de ideas empresariais da Fundación Galicia Emigración. Neste seminario analizouse como ofrecer aos potenciais emprendedores a oportunidade de desenvolver a súa idea de negocio. Estas accións de xeración e maduración de ideas tentan axudar a obtener negocios proveitosos e rendibles. Segundo a Fundación que os promove, o ciclo de seminarios organizouse coa fin de xerar emprego pola vía da creación e o mantemento sostido de novas empresas.
 
 
Ourense acolleu un seminario de ideas para xerar emprego da Fundación Galicia Emigración  

19 de FEBRERO de 2010: OURENSE DIXITAL

A Fundación Galicia Emigración celebrou en Ourense o seminario de xeración, maduración e avaliación de ideais empresariais, no que participan unha vintena de alumnos.
A sesión formativa foi impartida por expertos en xeración e maduración de ideas empresariais para ofrecer aos potenciais emprendedores a oportunidade de desenvolver a súa idea de negocio, a fin de axudar a obter negocios proveitosos e rendibles.
Unha vez traballada a maduración de ideas, os asistentes obtiveron a información necesaria para unha valoración cualitativa da idea, para que poidan realizar a avaliación da idea de negocio, a viablilidade dos posibles proxectos e os recursos materiais e humanos para poñelos en marcha.

Co apoio destas iniciativas emprendedoras, a Fundación Galicia Emigración sinala que busca mellorar o perfil do emprendedor, desde a súa polivalencia e empregabilidade e a súa posterior integración no mercado laboral galego, polo que apoia a creación e posta en marcha de empresas nas zonas xeográficas onde se desenvolvan estes seminarios.
O ciclo de seminarios organízase en colaboración co BIC Galicia, coa fin de crear emprego pola vía da creación e o mantemento sostido de novas empresas levadas a cabo por inmigrantes e emigrantes retornados con algún interese en emprender unha actividade empresarial.

O ciclo de Seminarios para Emprendedores completarase con novos cursos orientados á formación e asesoramento para desenvolver o Plan de Empresa e levar a cabo, así, con éxito unha idea empresarial, dos que a Fundación Galicia Emigración facilita canta información sexa precisa.

Volver atras
Imprimir Página