Para a secreraria xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, Marta González, non hai dúbida: “deplorable”, é como cualifica o feito de que dous locais de alterne colaboren no programa de man do recento Entroido de Xinzo de Limia. Valora “positivamente” o feito de que o Concello e o alcalde asuman o erro, pero recalca a postura do seu departamento e do Executivo galego: “este tipo de feitos, que favorecen unha imaxe normalizada da prostitución, son especialmente rexeitables”, subliñou Marta González.
 
Noticias Relacionadas
  Dos locales de alterne de Xinzo de Limia se le cuelan al Concello en el programa del Entroido
 
 
Igualdade da Xunta considera “deplorable” a publicidade de locais de alterne no programa do Entroido de Xinzo
18 de FEBRERO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, clasificou este mércores de “deplorable” o feito de que a publicidade de dous clubs “onde se exerce a prostitución” forme parte do programa de actos do Entroido de Xinzo de Limia como se fosen un establecemento mais de hostalería. Así o destaca un comunicado emitido ao respecto polo departamento de Igualdade da Xunta de Galicia.
Nesta comunicación destácase que o posicionamento da Secretaría Xeral da Igualdade fronte a prostitución e a trata de mulleres, “é suficientemente clara e coñecida, polo que este tipo de feitos, que favorecen unha imaxe normalizada da prostitución, son especialmente rexeitables”, recalcou Marta González.

 
Marta González, secretaria xeral da Igualdade

Sen embargo, a pesar do acontecido, a responsable de igualdade do goberno galego valorou “positivamente” as desculpas dadas tanto polo Concello de Xinzo como pola Asociación cultural Fiadeiro, que colabora na elaboración do programa, e espera que o programa sexa retirado.
“A prostitución, moi directamente vinculada a trata de mulleres para a súa exploración sexual, non é mais que unha manifestación da violencia que se segue a exercer sobre ás mulleres, polo que non pode ser un feito normalizado na nosa sociedade; e os clubs onde se exerce non poden ser tratados como establecementos de hostalería, porque non o son”, afirmou a secretaria xeral.
Marta González lembrou que os homes e as mulleres “temos que ser conscientes das situacións de necesidade e falla de oportunidades que hai detrás de cada muller que exerce a prostitución neses clubs”.

A situación sobre a que agora se pronuncia a Secretaría Xeral da Igualade da Xunta de Galicia provén do feito de que dous locais de alterne, “Raparigas” e “Dama da noite”, aparecerán no programa de man do Entroido de Xinzo de Limia como se empresas e locais de hostalaria se tratara.
O feito, que foi denunciado pola voceira por PSdeG-PSOE neste Concello, Elvira Lama, foi admitido e asumido como “un erro grave” polo propio alcalde de Xinzo, o popular Isáac Vila, quen recoñeceu que tal no se debería haber producido.

 
Volver atras
Imprimir Página