Ata o 4 de abril, o Centro Cultural da Deputación de Ourense acolle unha exposición orixinal, a do artista Paco Pestana. Xa dixo ao respecto o titular da Deputación ourensá, José Luis Baltar, que “tan importante é coñecer a obra como o autor, pola desbordante personalidade que ten Paco Pestana”. A obra de Pestana e, sobre todo, peculiar e xenuina, con creacións que colocan ao visitante ante unha exposición de creatividade na que absolutamente nada pasa desapercibido e nada resulta indiferente.
 
 
A creatividade de Paco Pestana instálase no Centro Cultural da Deputación ata o 4 de abril
18 de FEBRERO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolle ata o vindeiro 4 de abril a obra de Paco Pestana, “artista feliz” como se sinalou na presentación do catálogo da súa obra, que chega a este lugar despois de 30 anos perorrendo o mundo. Tratáse da obra dun singular autor, “unha obra excéntrica, complexa e, ao mesmo tempo, chea de xenealidades que só un creador xeneroso e con creatividade pode ofrecer”, sinalan os responsables do Centro Cultural que acolle esta mostra.

A exposición, titulada “Así será... Unha vaquiña pequena o leite que dá”, é unha mostra escultórica mesturada en ocasións coa temática da pintura, que amosa enxeños mecánicos de madeira que o autor converte en animais ou, simplemente, en creacións que colocan ao visitante ante unha exposición de creatividade na que absolutamente nada pasa desapercibido e indiferente.
No acto de presentación, o presidente da Deputación, José Luis Baltar, subliñou que “tan importante é coñecer a obra como o autor, pola desbordante personalidade que ten Paco Pestana”. Baltar engadiu que Pestana “é un artista cun mundo propio, cun universo particular que ten a Galicia coma un referente básico para crear ese mundo infinito onde a imaxinación reina coma unha diosa incuestionable”.

Francisco González, director do Centro Cultural da Deputación, sinala ao respecto que Pestana “é un artista apegado á súa terra a ás súas costumes”, e definiuno coma “prolífico, excéntrico, xeneroso e explorador de si mesmo; Pestana é un escultor de culto e un poeta, un provocador para o enxeño que pon a disposición dos ourensáns unha exposición singular da que todos disfrutaremos”.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página