Ven de ser presentado o programa de actividades formativas da Concellería de Voluntariado do Concello de Ourense, que a propia titular desta Concellería, Marta Arribas, destacou que mantén a traxectoria dos anos anteriores. A oferta distribúese en tres grandes bloques de formación, que vai dende a básica para primeirizos ata a especializada. Marta Arribas definiu estas actividades como “unha vía de apoio e visibilización do traballo das persoas e organizacións comprometidas coa rede de voluntariado na cidade”.
 
 
Voluntariado do Concello de Ourense presentou o programa formativo para o 2010
15 de FEBRERO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A Concellería de Voluntariado repite este 2010 a proposta de actividades formativas que ven desenvolvendo nos últimos meses como “unha vía de apoio e visibilización do traballo das persoas e organizacións comprometidas coa rede de voluntariado na cidade”, sinalou a titular desta Concellería, Marta Arribas.
A oferta de cursos distribuiráse en tres grandes bloques de formación  que abranguen conceptos básicos, especialización orientada ao voluntariado ambiental e da infancia e, por último, formación técnica dirixida a membros de organizacións activas.
O calendario de actividades distribúese entre os meses de marzo e setembro, sendo en todos a inscripción gratuíta e as prazas limitadas. Durante o pasado ano máis de 200 persoas  participaron destas  actividades, segundo os datos da Concellería de Voluntariado.

 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 

Marta Arribas definiu esta iniciativa como “unha acción coa que  pretendemos seguir achegando á cidadanía de Ourense os valores do voluntariado, neste caso, a través da formación plantexada dun xeito profesional e riguroso ao mesmo tempo que renovamos o compromiso adquirido con todas as entidades sen ánimo de lucro que, moitas veces de xeito altruista, traballan no entorno da nosa cidade e fóra dela contribuíndo ao seu fortalecemente”.
A través destes cursos  trátase de dar visibilidade e apoio activo e formación a estes organismos, ONGs e persoas implicadas no voluntariado, fomentando  iniciativas participativas, innovadoras e de calidade, destacou a concelleira do BNG.

O programa de obradoiros de formación contempla un primeiro bloque de cursos de formación básica para persoas volutnarias, dirixido aos que se inician neste tipo de actividades; un segundo de curso de formación especializada para o voluntariado, que vai dirixido a persoas que xa veñen colaborando neste tipo de actividades; e, por último, un terceiro bloque de formación técnica que vai dirixida a persoal e membros das entidades sen ánimo de lucro e ONGs da cidade.

 
Volver atras
Imprimir Página