En Washington D.C. tivo lugar un acto de lanzamento á prensa e aos representantes do mercado americano dos viños do Ribeiro. Hasta sete bodegas se achegaron a esta capial dos Estados Unidos para dar a coñecer os seus caldos. No acto estiveron arroupados por José Andrés, como se coñece ao que ven de ser nomeado Chef do Ano pola prestixiosa revista GQ. E que lle augurou aos viños do Ribeiro unha pronta e importante penetración nos mercados americanos, sobre todo pola súa “excelente” relación prezo-calidade.
 
 
Os viños de O Ribeiro presentáronse en Washington D.C. da man do Chef do Ano dos EE.UU.
15 de FEBRERO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

Dúas adegas da Denominación de Orixe Ribeiro, Bodegas Docampo e Coto de Gomariz, veñen de participar nunha degustación de viños e queixo coa que o xornal Washington Post premia aos seus lectores, onde ademáis do Ribeiro atopábanse grandes rexións vitivinícolas como Alsacia, Côtes du Rhône e a veciña D.O. Navarra.
Esto ocurríu despois de que estas bodegas, xunto a Sanclodio, Casal de Armán, Viña Mein, Nairoa e Viña Costeira participaran nunha degustación de viños do Ribeiro en Washington aberta ao público entendido desta cidade dos Estados Unidos.

Ademais de degustar os viños de sete adegas do Ribeiro e interaccionar cos seus produtores, poideron disfrutar dunha mostra da cociña do Chef do Ano pola revista GQ, José Andrés, inspirada na gastronomía tradicional galega.
José Andrés, fundador da compañía ThinkFoodGroup e que  presenta o seu propio programa na cadea  de televisión PBS, exerceu como anfitrión dos viños do Ribeiro nos Estados Unidos, e destacou que “el Ribeiro ya tiene cabida en la carta de mi restaurante pero ahora debe abrirse a otras posibilidades, yo el vino de Ribeiro me lo tomaría en mi restaurante, en un japonés o en un restaurante americano”.

O Chef do Ano e de moda nos Estados Unidos destacou dos viños da Denominación de Orixe Ribeiro a súa “excelente” relación calidade-prezo, e auguroulle unha pronta e importante penetración nos mercados americanos.

 
O Chef do Ano nos EE..UU., José Andrés, fixo de padriño dos viños do Ribeiro e anfitrión da súa presentación
 
 
Volver atras
Imprimir Página