Coas datas máis fortes do Entroido en portas, ponse en marcha outro “A Tope na ponte de...” Amencer. Este, lóxicamente, adicado ao Entroido ou Carnaval. Este mesmo xoves comezan as actividades, entre as que estará un obradoiro para tódolos públicos no que cadaquén fará a súa máscara. Eso sí, sempre con materiais de refugallo.
 
 
Comeza este xoves o “A Tope na ponte de... Entroido” de Amencer  

11 de FEBRERO de 2010: OURENSE DIXITAL

Este xoves, Xoves de Comadres, da comezo outro “A Tope na ponte de...” de Amencer, este, concretamente, “A Tope na ponte do Entroido”. As actividades póñense en marcha coa “Sala aberta”, plantexada como lugar para reunirse os amigos e estar con música, televisión ou, simplemente, de parola.
Ás cinco e media da tarde tamén dara comezo o “Proxecto Xangal” que inclúe catro espazos: sala de xogos para os mozos e moas, unha ludoteca para os máis pequenos, unha biblioteca donde se pode estudar e facer traballos, e o scalextric xigante e dianas.

Ás seis da tarde e até as sete terá lugar un “Obradoiro de antifaces” para tódolos públicos, no que cadaquén elabora o seu propio antifaz de Entroido, sempre con material de refugallo.
Tamén está visible a exposición “As mil e unha máscaras do Entroido ourensán”, que unha exposición que, indica seu nome, recolle as máscaras máis representativas do noso Entroido. Está formada por unha escolma de 25 láminas de máscaras acompañada cada unha dunha ficha explicativa.

Volver atras
Imprimir Página