Trala celebración do Xoves de Compadres o pasado xoves, 3 de febreiro, é o turno de que os nenos intenten conseguir que as nenas non lle quiten as súas bonecas: o Xoves de Comadres. Nesta ocasión participarán un total de 130 alumnos de catro centros de ensino da cidade, o que ocurrirá na Praza Maior da capital ourensá a partir das 11 da mañá. Ademais das tradicionais “loitas”, haberá obradoiros de confección de máscaras dirixidos por persoal especializado.
 
 
O Xoves de Comadres deixa este xoves ao Carnaval abocado ás súas datas máis fortes
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
11 de FEBRERO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

Chega o Xoves de comadres e Entroido ou Carnaval queda abocado ás súas datas máis fortes. Nesta ocasión, para darlle a réplica ao xoves pasado, día 3 de febreiro, acudirán a Praza Maior da capital ourensá uns 130 rapaces de catro centros educativos da cidade. E tamén haberá obradoiros de confección de máscaras dirixidos por persoal especializado.
A actividade, á que asistirá a concelleira de Educación, Ana Garrido, forma parte da programación do Entroido 2010 da Concellería  de Educación, dentro do programa educativo “Días con Nome Propio”.

Os rapaces son os dos colexios CEIP Irmáns Villar, CEIP As Mercedes, CEIP Mestre Vide e CPI San José G. García (Mende), que se desprazarán ata a Praza Maior coas comadres, previamente confeccionadas nos centros escolares coa axuda de monitores especializados.
En canto aos obradoiros, o Concello de Ourense recorda que este ano realizarase a máscara de Vergalleiro (típica de Sarreaus), co obxectivo de que os nenos e nenas coñezan máis profundamente o Entroido Ourensán.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página