Castrelo de Miño acomte a construcción do seu centro de día, unha vez que o Esado autoriza a súa financiación con cargo ao Fondo Estatatal para el Empleo y la Sostenibilidad. Así o deu a coñecer este martes o Concello de Castrelo, que tivo coñecemento do visto e prace do Estado o luns, día 8. O centro de día será tamén un edificio de servizos de benestar, xa que desde el se ofrecerán servizos como xantar sobre rodas, comedor social e lavandería. Con este centro crearanse novos postos de traballo para os veciños do Concello, que xa levan meses formándose no módulo de benestar e asistencia social do obradoiro de emprego Castrelo Náutico e máis nos cursos de formación impartidos no último ano como o Curso de Coidadores de Persoas Maiores en Situación de Dependencia no Medio Rural e o  Curso de Formación para asistentes persoais, sinala o Concello de Castrelo.
 
 
Castrelo de Miño acomete a construcción do seu Centro de Día que financiará o Estado  
10 de FEBREIRO de 2010: OURENSE DIXITAL

Ven de publicarse a resolución do secretario de Estado de cooperación territorial, pola que se autorizou a financiación para a construcción dun centro de día en Castrelo de Miño, con cargo ao Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad.
A proposta da alcaldía do proxecto do centro de día de Castrelo de Miño xa fora aprobado por unanimidade no pleno da corporación municipal realizado o venres 22 de xaneiro de 2010. O importe da construcción do centro ascenderá a 214.161 €, sinala o Concello de Castrelo de Miño.
O centro levantarase nun terreo de propiedade municipal localizado no lugar de Puxeiros, a escasos metros do colexio público de Castrelo de Miño. A localización veu condicionada polas boas comunicacións de transporte que recorren todo o concello e que finalizan e parten do colexio.

As previsións son as de ter aberto o centro de día no mes de setembro de 2010, polo que o alcalde Xurxo Rodríguez Méndez informou que desde os servizos administrativos do Concello unha vez recibida onte a autorización se vai axilizar o máximo posible nos vindeiros días as xestións que se teñen que realizar para comezar canto antes a súa construcción.
Para o alcalde de Castrelo de Miño esta era unha obra necesaria e prioritaria, xa que “máis dun 40% dos nosos veciños teñen unha idade superior aos 65 anos, superando a media galega, e precisan urxentemente de cuidados acordes para a súa idade, e con este centro de servizos de benestar, imos conseguir prolongar a súa residencia no seu propio entorno e fogar o máximo tempo posible”.

Según indicou Xurxo Rodriguez Mendez “non podemos continuar agardando que camiño vai coller a Xunta de Galicia na xestión dos servizos sociais e do consorcio de benestar, e mentres os nosos veciños e os seus familiares non saben o que van facer co seu futuro” en referencia ao convenio asinado entre o Concello de Castrelo de Miño e o anterior vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, e que a actual Consellería non se decide a executar.
O centro de día será tamén un edificio de servizos de benestar, xa que contará dunha ampla cociña para ofrecer o servizo de xantar aos maiores no propio centro nun amplo comedor social, así como nas súas casas a traves do xantar sobre rodas. Constará tamén dunha lavandaria, para lavar a roupa daqueles veciños de Castrelo que o seu estado físico llo impida.

Volver atras
Imprimir Página
 
  Xurxo Rodríguez Méndez