O proxecto xurdiu no seu día para dar a coñecer en Galicia o traballo que Amigos da Terra leva a cabo no Golfo de Fonseca en temas de pesca artesanal sostible, sinala a organización ecoloxista. Para esto, cinco reporteiros saíron rumbo ao Golfo de Fonseca para visitar os proxectos que a asociación está a desenvolver en Nicaragua, O Salvador e Honduras. O resultado deste traballo chega agora á Casa da Xuventude de Ourense nunha exposición de 30 fotos de Carlos Puga que se titula  “Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible”.
 
Noticias Relacionadas
  AGARESO: Golfo de Fonseca
 
 
Unha exposición recolle o traballo dos cooperantes de Amigos da Terra no Golfo de Fonseca
 
Foto de Carlos Puga perteñecente a exposición “Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible”
9 de FEBRERO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

Este martes, ás cinco da tarde, terá lugar na Casa da Xuventude de Ourense a presentación da exposición “Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible”, organizada en colaboración por Amigos da Terra e AGARESO, Asociación Galega de Reporteiros Solidarios. No acto estará Carlos Puga, autor das fotografías da exposición, xunta coa responsable de Cooperación de Amigos da Terra, Raquel Fernández.
 
A mostra, permanecerá na Casa da Xuventude ata o vindeiro 25 de febreiro e poderá visitarse de nove da mañá a duas e media da tarde e de catro da tarde a nove e media da noite, de luns a sábado.
Amigos da Terra e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios, a través dun convenio de colaboración, comezaron no ano 2009 un proxecto de sensibilización que permitirá dar a coñecer en Galicia o traballo que Amigos da Terra leva a cabo no Golfo de Fonseca en temas de pesca artesanal sostible, sinala a organización ecoloxista.
Neste sentido, recorda que o primeiro paso foi a viaxe de cinco reporteiros rumbo ao Golfo de Fonseca para visitar os proxectos que a asociación está a desenvolver en Nicaragua, O Salvador e Honduras, tres países que comparten a xestión e uso desa área xeográfica, un ecosistema que destaca pola súa biodiversidade mariño-costeira.
Esta exposición, reflexa a través de 30 instantáneas as primeiras impresións e vivencias deste grupo de  reporteiros durante a súa visita aos proxectos de Amigos da Terra.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página