A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Maceda promove hábitos saudables na nutrición no marco das actividades do Plan de Desenvolvemento Xitano, PDX, que ven de presentar a concelleira socialista Ana María Rodríguez. A concelleira salienta que nesta segunda edición aumentou  a interese na participación, preto de 20 persoas, polo que se distribúen en dous grupos. O obxectivo é dobre tamén, elaborar pratos saudables e presentar menús económicos para toda a familia, segundo Ana María Rodríguez. O curso, trimestral, comezou o pasado día 3 de febreiro, e desenvólvese os mércores de cinco menos cuarto a sete media.
 
 
O Concello de Maceda sigue a fomentar hábitos integradores entre a poboación xitana  

9 de FEBRERO de 2010: OURENSE DIXITAL

Vense de presentar a Memoria Anual e a Programación do Plan de Desenvolvemento Xitano do Concello de Maceda, no que “os programas prácticos propostos xiran en torno á participación activa como medio para afianzar hábitos integradores”, sinala o departamento da concelleira socialista Ana María Rodríguez.
Destaca a importancia da prevención e disminución do absentismo escolar, xa que é “a educación a vía de integración e promoción social”. O Protocolo seguido pola concellería en colaboración cos centros de ensino permite avanzar neste sentido.

Asimesmo tamén están en marcha as clases de axuda ó estudo para os escolares de primaria e secundaria  polas tardes impartidas pola  Coordinadora, e a intervención da Educadora familiar pretenden potenciar o hábito e as actitudes de xeito compensatorio.
Dirixido ás persoas adultas, comezou tamén co ano 2010 un curso de alfabetización, ó que asisten semanalmente  en dous grupos 10 mulleres.
Un grupo de mozas practican aeróbic dúas sesións por semana. Cursos de habilidades sociais, saúde, hixiene, realízanse cíclicamente, así como outros, como un de carpintería realizado no último trimestre e no que 12 adultos recibiron formación teórica e práctica, completan a oferta formativa contida na Memoria Anual da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Maceda.

“A finalidade de todas as actuacións que realizamos ó abeiro do Plan de Desenvolvemento Xitano esixen implicación activa para que a integración e o respecto se axunten”, conclúe ó respecto a concelleira Ana María Rodríguez.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
Ana María Rodríguez